Apalpando as palavras do salmom

14 julho 2006

Carvalleira 2006

Comezo a crer-me iso de que teño a faceta intuitiva máis desenvolvida do normal, porque levava tempo cavilando, soñando e desexando que viñese Lúnasa à Festa da Carvalleira deste ano. E efectivamente.... VEÑEN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Donogh Hennessey na guitarra acústica, Trevor Hutchinson no contrabaixo, Cillian Vallely nas gaitas irlandesas, Sean Smyth no violin e ese monstro chamado Kevin Crawford nas frautas. No percussion is allowed. E por se fose pouco, Comas. De Xochilmica non opino, que non tiven o gosto de os escuitar. O que estraga o cartel? Of course, Cristina Pato (Maria Tola, para miña avoa), mais en fin, se unha andoriña non fai verán, tampouco unha parrula fai pántano.
Boa Carvalleira, neng!

12 julho 2006

Desmontando a Paulix

- 10 anos atrás...escrever poemas cacofónicos e diabéticos, namorar-me por vez primeira, descobrir esa enteléquia chamada "mundo celta"... .
- 5 anos atrás...asentar-me na Universidade, flipar coa Universidade, maldizer a Universidade, namorar-me da Universidade...
.
- 1 ano atrás...tentar sair dun pozo mouro de soidade e frustrazón, namorar-me por vez segunda, e máis poemas diabéticos...

- Onte...marcando a onomástica do Tombo de Toxosoutos (cada quen tes a suas fílias e fóbias) e ir correr por Santiago adiante até ficar baldado...

Mañá... probabelmente seguir marcando onomástica, comezar o artigo para Santamarina, quizá botar unha pachanguiña con Álex (en probabilidade decrescente) .
- Snacks...lacón con grelos

-Cinco bandas e/ou artistas... Martyn Bennett, Kornog, Carlos Núñez, Capercaillie, Mary Jane Lamond, Mercedes Peón, Dervish, Amaral...

- Cousas que faría con 100.000.000 €: buscar unha clínica na que recuperar-me do enfarte que me produziria o shock; pagar a clínica; comprar a clínica e converte-la nunha reserva para galegófonos monolíngües (chiscada de ollo para Avélix); deixar a tese e a tesina e dedicar-me a viver como o "bon vivant" que son; e viaxar e viaxar e seguir viaxando...

- Cinco malos hábitos que teño...
1. Ralladura mental quasi-diária (o meu lado feminino, supoño)
2.
Conduta excesivamente namoradiza
3. Brotes esporádicos de ciúmes (esporádicos, xa digo)

4. Preguiza descomunal à hora de erguer-se da cama

5. Beber máis de dous litros diários de água (que agora seica é un defeito)

- Cinco cousas que me gusta facer...

1. Escuitar música

2. Pasá-lo ben cos amigos
3. Ler

4. Pasear polo campo
5. Deixar voar a fantasia e fabricar mundos
- Cinco cousas que NUNCA vou empregar... escova de dentes, crema de dentes, xampu, toalla e sabonete

- Cinco programas de TV que me gustan... The Simpsons, Pai de família, Buenafuente, Pequeno Gran Show (os derradeiros nenos galegófonos en directo), Aida
- Cinco películas que me gustan. Amelie, Camiño à perdizón, A derradeira noite de Boris Gruschenko, Longo domingo de noivado, Big Fish
- Cinco persoas que me gustaría coñecer...Carlos Núñez (mais xa o coñezo...), Castelao, Murguia, Yeats, Seamus Heaney

- As cinco cousas que máis disfruto.

1. Unha boa cea cos amigos

2. Unha viaxe polos meus lugares sagrados

3. Unha viaxe pola miña música sagrada

4. Ver nevar

5. As mulleres fermosas

- Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequeno:

1. Os Playmóbil (tiña o rancho de Playmóbil, tios!!!! Cada vez que o penso sinto-me un pequenoburgués afortunado)

2. As canicas

3. O balón de futebol

4. I don't remember

5. I don't remember