Apalpando as palavras do salmom

08 dezembro 2008

Waterman's

Waterman's é unha das pezas máis logradas e inspiradas dun dos meus ídolos musicais, Michael McGoldrick, fillo de emigrantes irlandeses asentados en Manchester e durante muitos anos gaiteiro e frautista da mítica banda escocesa Capercaillie. McGoldrick nunca esqueceu as suas orixes na música tradicional das ceilidh e das feis ceol, e asi o demonstrou nalguns dos seus primeiros traballos, entre os cais salientan Morning Rory ou At first light, este último en colaborazón co tamén gaiteiro e frautista John McSherry. Por certo, froito desa cooperazón McGoldrick-McSherry foi o grupo Lúnasa, en cuxos dous primeiros álbumes participaron ambos os dous músicos até seren substituídos polos non menos xeniais Kevin Crawford e Cillian Vallely.
Mais onde mellor se move McGoldrick e na inovazón e no risco. Só asi se explica a xenialidade dos seus álbumes
Fused (2000) e Wired (2005), cuxos títulos xa explicitan as intenzóns estéticas do artista. Neles, a música tradicional irlandesa volve-se negra, volve-se ritmo de rua, volve-se metálica, e conxénia co jazz, co hip-hop e co funk cunha sorprendente naturalidade. Esta é unha pequena amostra, gravada en directo no Celtic Connections deste 2008 que se nos vai como area entre os dedos.
Por certo, atenzón ao
all-star que rodea a McGoldrick: Dezi Donnelly no violin, John Joe Kelly no bodhran e Ed Boyd na guitarra.