Apalpando as palavras do salmom

08 dezembro 2008

Waterman's

Waterman's é unha das pezas máis logradas e inspiradas dun dos meus ídolos musicais, Michael McGoldrick, fillo de emigrantes irlandeses asentados en Manchester e durante muitos anos gaiteiro e frautista da mítica banda escocesa Capercaillie. McGoldrick nunca esqueceu as suas orixes na música tradicional das ceilidh e das feis ceol, e asi o demonstrou nalguns dos seus primeiros traballos, entre os cais salientan Morning Rory ou At first light, este último en colaborazón co tamén gaiteiro e frautista John McSherry. Por certo, froito desa cooperazón McGoldrick-McSherry foi o grupo Lúnasa, en cuxos dous primeiros álbumes participaron ambos os dous músicos até seren substituídos polos non menos xeniais Kevin Crawford e Cillian Vallely.
Mais onde mellor se move McGoldrick e na inovazón e no risco. Só asi se explica a xenialidade dos seus álbumes
Fused (2000) e Wired (2005), cuxos títulos xa explicitan as intenzóns estéticas do artista. Neles, a música tradicional irlandesa volve-se negra, volve-se ritmo de rua, volve-se metálica, e conxénia co jazz, co hip-hop e co funk cunha sorprendente naturalidade. Esta é unha pequena amostra, gravada en directo no Celtic Connections deste 2008 que se nos vai como area entre os dedos.
Por certo, atenzón ao
all-star que rodea a McGoldrick: Dezi Donnelly no violin, John Joe Kelly no bodhran e Ed Boyd na guitarra.


3 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

Houbo un tempo, nin tan afastado, no que alberguei un soño, tipo Luther King. I have a dream, que diría el mesmo, e o meu dream levábame a un lugar místico, marabilloso, onde non había fume que estorbara o arrecendo das flores, onde non era moi difícil percibir as notas musicais no medio do barullo, onde os ríos baixaban fortes e cantareiros. Un mundo ideal, logo, no que para colofón o Ulmo falaba de Chairegos e outras xentes de malvivir, pero iso si, con nomes en cristián...

En fin... Os soños, soños son e a este rapaz non lle hai que facer...

O realmente doloroso de todo isto é que non se pode negar que ten bon gusto, e que as peciñas que nos colga aquí son xoias feitas música...

Petición: Ulmo, tes algo deixado o folque asturiano, ou?

Saudiños e...

Bks 1000!

terça-feira, dezembro 09, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

A ver, homiño, que eu estou esperando a que renoves ti para poder facelo eu sen causarche cargos de conciencia...

RENOVA, RENOVA, RENOVA!!!!

quarta-feira, janeiro 14, 2009

 
Anonymous Anónimo disse...

Vive l'Empereur!

Bienvenido/a lector/a! Esta aventura por recorrer Europa -principalmente- de la mano del Emperador Napoleón Bonaparte (1769-1821) nació hoy, 30 de Abril 2009, día en el que por casualidad, Napoleón vendió Luisiana a los Estados Unidos por 80 millones de francos.

http://vivelempereur.blogspot.com/

segunda-feira, maio 04, 2009

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial