Apalpando as palavras do salmom

12 julho 2006

Desmontando a Paulix

- 10 anos atrás...escrever poemas cacofónicos e diabéticos, namorar-me por vez primeira, descobrir esa enteléquia chamada "mundo celta"... .
- 5 anos atrás...asentar-me na Universidade, flipar coa Universidade, maldizer a Universidade, namorar-me da Universidade...
.
- 1 ano atrás...tentar sair dun pozo mouro de soidade e frustrazón, namorar-me por vez segunda, e máis poemas diabéticos...

- Onte...marcando a onomástica do Tombo de Toxosoutos (cada quen tes a suas fílias e fóbias) e ir correr por Santiago adiante até ficar baldado...

Mañá... probabelmente seguir marcando onomástica, comezar o artigo para Santamarina, quizá botar unha pachanguiña con Álex (en probabilidade decrescente) .
- Snacks...lacón con grelos

-Cinco bandas e/ou artistas... Martyn Bennett, Kornog, Carlos Núñez, Capercaillie, Mary Jane Lamond, Mercedes Peón, Dervish, Amaral...

- Cousas que faría con 100.000.000 €: buscar unha clínica na que recuperar-me do enfarte que me produziria o shock; pagar a clínica; comprar a clínica e converte-la nunha reserva para galegófonos monolíngües (chiscada de ollo para Avélix); deixar a tese e a tesina e dedicar-me a viver como o "bon vivant" que son; e viaxar e viaxar e seguir viaxando...

- Cinco malos hábitos que teño...
1. Ralladura mental quasi-diária (o meu lado feminino, supoño)
2.
Conduta excesivamente namoradiza
3. Brotes esporádicos de ciúmes (esporádicos, xa digo)

4. Preguiza descomunal à hora de erguer-se da cama

5. Beber máis de dous litros diários de água (que agora seica é un defeito)

- Cinco cousas que me gusta facer...

1. Escuitar música

2. Pasá-lo ben cos amigos
3. Ler

4. Pasear polo campo
5. Deixar voar a fantasia e fabricar mundos
- Cinco cousas que NUNCA vou empregar... escova de dentes, crema de dentes, xampu, toalla e sabonete

- Cinco programas de TV que me gustan... The Simpsons, Pai de família, Buenafuente, Pequeno Gran Show (os derradeiros nenos galegófonos en directo), Aida
- Cinco películas que me gustan. Amelie, Camiño à perdizón, A derradeira noite de Boris Gruschenko, Longo domingo de noivado, Big Fish
- Cinco persoas que me gustaría coñecer...Carlos Núñez (mais xa o coñezo...), Castelao, Murguia, Yeats, Seamus Heaney

- As cinco cousas que máis disfruto.

1. Unha boa cea cos amigos

2. Unha viaxe polos meus lugares sagrados

3. Unha viaxe pola miña música sagrada

4. Ver nevar

5. As mulleres fermosas

- Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequeno:

1. Os Playmóbil (tiña o rancho de Playmóbil, tios!!!! Cada vez que o penso sinto-me un pequenoburgués afortunado)

2. As canicas

3. O balón de futebol

4. I don't remember

5. I don't remember

2 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

grazas por baleirarnos o teu interior unha vez máis. Gustaríame contestarche máis polo miúdo, pero agora non podo, porque, se ves o meu blog, xa verás que a miña mente vai demasiado de présa coma para permitirlle falar ao corazón. apertas, meu.

segunda-feira, agosto 07, 2006

 
Blogger marykinha disse...

Boas!!
2 litros de auga non son negún defeito, en tal caso comeza a ser perigoso a partir dos 12 litros diarios (iso supón ir cunha cisterna de auga e un retrete nas costas), xa que os procesos homeostáticos acaban por alterarse ante o exceso de auga, polo que precisarías tamén unha boa dose de sales minerais para compensalo todo un pouco antes de facer unha escabechina no teu corpiño!
De tódolos xeitos, proba cu Acquarius, que teñen un contido maior de sales minerais, capaces de regular os procesos homeostáticos, polo que poderías beber tranquilamente todos os litros que desexes!
Biquiños!!
P.D. Ais... lembranzas do Campus Sur!! snif snif

quinta-feira, agosto 24, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial