Que non o saiban os da COPE!
Que se o saben igual lles entra a morriña dos vellos tempos do teocentrismo máis destrutivo e lium habemus. Refiro-me a este treito dun documento do mosteiro de Soandres no que se descreve o que implicava unha excomuñón:
... que cada domingo et festas et outros días quaesquer a altas vozes con canpããs repicadas ante vossos poboos denunçiedes por públiquos et malditos escomungados aos sobreditos [entre os sobreditos estes está nen máis nen menos que o meiriño d'el-Rei en Bergantiños, quen pode pode...] et non digades con eles misas nen oras, et matedes [recoñezo que este verbo cria unhas expectativas que despois non se cumpren] por eles candeas de çera açesas con agoa bieyta lançando esa agoa fora de sagrado; et se morreren en tal estado que os non soterredes en sepultura ecclesiástica [home non, pois só faltaria] nen lles façades benefiçio de santa iglleia ...
De ter nascido o Gerardo naqueles tempos de Deus (nunca mellor dito) a boas horas havia de fazer-se apóstata o noso bon castrexo. Somente pola moléstia que suporia ter a viciñanza toda de Prevesos berrando-che à porta ESCOMUNJAOOO, ESCOMUNJAOOOO eu xa me pensaria un par de vezes o de desertar da Santa Madre Igrexa.
11 Comentários:
O de apostatar non é ningunha broma... e todo un negocio e creo que deberías de ter moi claro que non cres para facelo.
Eu persoalmente non poido decir se creo ou se non (polo que non te podo dar consello, nem a ti nem ao teu amigo gerardo), pero penso que a relixión bem entendida, nom lle fai dano a ninguén e as veces pode resultar de utilidade!
Beijos
segunda-feira, fevereiro 20, 2006
Evidentemente, eu son o primeiro en subscrever a tua afirmación: "a relixión, ben entendida, non lle fai dano a ninguén". Por iso me tocan a moral os que van polas paróquias dizendo-lles aos fregueses que tal santo ou tal santa, aos que tanta devoción lles teñen e que psicoloxicamente lles poden ser de muita axuda, nunca existiron. O Subcomandante Xallas concordará comigo, non en balde somos incondicionais de Marcial Gondar, que neste sentido ten as ideas ben clariñas.
Dixo Cunqueiro: Só é mentira aquilo que non se pode soñar.
E penso eu: O mito tamén é realidade.
terça-feira, fevereiro 21, 2006
Pero ti falas dunha xerarquía que nos une á relixión... persoalmente non simpatizo moito coa igrexa e vendo o que se ve ultimamente, paréceme incrible que a xente siga indo a misa. Non sei moi ben a que te refieres cando falas dos " que van polas paróquias dizendo-lles aos fregueses que tal santo ou santa, aos que tanta devoción lles teñen...", interpreto que queres decir que non concibes que a xente crea nos miragres dalgúns santos porque nunca existiron e que son unha mentira máis da Igrexa, pero estarás de acordo conmigo e que aínda que a día de hoxe non ten moita lóxica, usábase o exemplo destes santos para educar e incluso curar a xente que por dicilo dalgún modo era analfabeta (Oh my God, xa parezo Luis Vidal co conto de que todos somos analfabetos fucionales).
A día de hoxe en outras culturas que aínda non están americanizadas é o sistema que se leva, posiblemente non lle teñan que levar os ovos a Santa Clara ou pasar pola pedra de Muxía, pero usan os seus ritos e lendas para identificarse con eles e saber como teñen que actuar ou o que teñen que facer para curarse (posiblemente non entendas o que quero dicir, pero Jung explicaba a relixión usando aos Indios, eles cando teñen un problema van o curandeiro, quen os escoita e logo lles conta a historia dalgún deus ou héroe ou mito, co que o indio se sente identificado, e que grazas a esta identificación chegan a curarse. Tal vez na nosa sociedade ou coa nosa cultura ti máis eu non o concibamos dese xeito, pero anos atrás, era o que calmaba o sufrimento de moitas persoas e tal vez o problema é que a igrexa neses aspectos, quedou moi desfasada.
terça-feira, fevereiro 21, 2006
Somente unha cousa: ainda que soe desfasado, eu teño unha idea do mito (non da relixión, que é unha palavra mui botada a perder hoxe en dia) bastante próxima à dos índios. Dalgun xeito, sigo sendo un camponés galicienne do dezanove. E a muita honra!
Graciñas por arrequentar este blogue coas tuas reflezxións, que che garanto que son compartidas nun... 70-80%.
terça-feira, fevereiro 21, 2006
soamente 70-80%.... en fin, que non sirvo para mover ás masas... grazas a ti polo tema proposto!
Bicos
terça-feira, fevereiro 21, 2006
O amigo aludido resopnde: meu caro, razões para apostatar há bem delas, sem ter de recorrer a documentos do Medievo!
Olha tu que, se te animares, em quanto consiga a acreditação de papel para condução de veículos a motor, tiramos ambos os dous e quantos se animarem (quantos mais, melhor!) caminho de Mondonhedo ou Ferrol para apostatar... "como Dios manda" :-)!
Reconheço que após a retirada (às missões) do Gea Escolano já não tenho tanta urgência e fúria apóstata, mas gana tenho, claro.
Ah, e tudo isto sem contra-dizer o que afirmas, que a religião bem entendida não faz mal às pessoas, já que é uma forma de expressão.
O problema, meu caro, é determinar o que é "bem entendida". Talvez difuminada com o resto de circunstâncias que nos envolvem, e bem longe de outras regiões do Orbe onde a religião é o Estado, a ideologia e a Lei.
Religião como expressão cultural (na acepção 'cultura' de Mattelart) é um bom caminho para começar.
sábado, fevereiro 25, 2006
Xa postos, e como tamén son incondicional de Gondar e como tradicionalmente neste país a relixión (que non a Igrexa, ollo que isto é moi importante!) e as adaptacións de crenzas ancestrais á relixión católica, coas consabidas versións dos ritos cristiáns que temos na nosa terra evitaron que todo isto fose moito peor aínda do que hoxe é (que lle chega ben tamén) non podo facer máis que citar a Linneo (sí, era botánico, pero às veces tamén dicía cousas ao xeito) cando di: "Como vou ver a Deus, se nin sequera podo ver aquilo que vive [e bebe, jeje] no meu interior". Polo tanto, á Igrexa que fagan con ela o que queiran, pero para que non morra o gando hai que lle fregar unha vara "bendicida" por San Xurxo, coma toda a vida.
quarta-feira, maio 03, 2006
Buenooo despois de moito tempo e segue o debate en pé... (sinto non entrar antes a ler as contestacións).
Primeiro, afirmar que eu posiblemente non sexa a persoa máis axeitada para falar do tema, sobretodo cando a miña educación sempre estivo ligada a doctrina católica, tanto na escola coma na casa (ata fai uns anos), o que fai que a miña opinión, non sexa nada obxetiva.
Sobre o do tema da relixión ou o mito..., considero que o mito é o que move a relixión, sobretodo cos últimos acontecentos sobre a aparición do Evanxeo de Judas e a falta de información ou desinformación do que realmente se cocía nos sucesivos Concilios (Trento, Nicea...)
Respeto a educación e ao da relixión ben entendida; se tendes ocasión de ler o anteproxecto da LOE do 30 de Marzo de 2005, no artigo 18 do capítulo II, fálase que dunhas das areas da etapa educativa sería a Educación para á cidadanía. Isto é o que nos nosos planes educativos se chamaba Relixión. Agora queren que o que se leve a cabo, sea unha educación en valores, agás nos centros privados (xeralmente de caracter relixioso) onde se seguirá impartindo relixión!
O que eu creo, e que se ti estudas calqueira relixión, podes ver que os principios que moven esa doctrina, son sempre os mesmos, son valores morais e éticos e son os que deben de quedarnos de calquiera relixión. O que non é de recibo, e que che metan, dende cativo, horas e horas alabando a Jesus ou a Deus... sobretodo porque nos movemos nunha sociedade agnóstica, como ben afirman por ahí en boca de Linneo (botánico ao que lle debemos, o sistema actual de clasificación das plantas e cuia reflexión ven determinada pola consición relixiosa da súa familia; eran Luteranos).
Podemos achar en calquera lado moitas frases relacionadas coa relixión, e eu, persoalmente, a vos que tanto os gustan os elementos, adícovos esta de Lutero, xa excomulgado polo Vaticano, cando nunha noite de verán, a súa muller, vendo con el a estrelas, lle di algo tal que: "Mira ao ceo e dime senon está preciosos" e el lle responde algo tal que: "Si, tes razón, mágoa que nos nunca poidamos chegar a el" (NOTA: non vin a película, é o recordo duns textos que line lémbrome do análise do teólogo, quen deixaba entrever que non se refería ao ceo como o lugar paradisiaco ao que van os cristiáns "bos")
Realmente, tal vez o gran mal da relixión, sexan a Igrexa e outras "tribus" ou sectas relixiosas, que son as que acadan o poder dentro de estamentos políticos e as que están a marearnos con tanta reforma e tanta oposición a realidade que se ve no día a día da nosa sociedade... non sei, tal vez a pregunta radica en se realmente, teñen os ollos vendados, porque senon non se comprende a súa postura con moitos temas!!
Muxu Bat!!
sexta-feira, junho 02, 2006
Prega-se que non me poñan páxinas da Larousse no blogue. Grazas.
sexta-feira, junho 02, 2006
Prega-se que non me poñan páxinas da Larousse no blogue. Grazas.
sexta-feira, junho 02, 2006
Non é ningunha páxina da Larousse!!!
sexta-feira, junho 02, 2006
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial