Apalpando as palavras do salmom

24 agosto 2005

Canción do verán ou a estraña poesia dos celtas

Non é poesia descritiva, non. Ou se o é, é unha descrición mui distinta, unha descrición até caótica que fai simultáneas as realidades invocadas pola voz do cantor. O impacto colorista, luminoso, vital do verán nunca foi tan ben descrito como neste poema que Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro traduziron do famoso Cancioeiro de Poesía Céltiga de Pokorny (tomo a tradución tal e como a topei, asi que non me responsabilizo das grallas):

¡Ou, tempo do verán, fermoso tempo! / En cores luminosas brilla o mundo; / desque comenza a lumbrigar o día / xa se oe o merlo canta que canta./
O cuco souril repite con voz forte: / ¡Deus te traia, fermoso verán! / as crúas friaxes da invernía xa pasaron. /
As ponlas do bosque está vizosas,/ o veado trema con medo cheo de presentimentos, / a maina onda embala acompasada, /
o océano dórmese profundamente, / un manto florido cobre a terra, / a abella coa súa forza miúda / carreta pesadas cargas de pole, / os cascos dos bois removen brandos chaos, /
a formiga disponse para un rico banquete, / a harpa do bosque fai soar a súa música
A vela está arriada. -¡Todo está cheo de paz! / Todos os cumes están mergullados nun mar de cor /na tona dos fondos lagos hai brillos máxicos [...]


Reparade na forza do cromatismo e no ritmo das cousas:

A lama do trolleiro é moura como a do corvo, / con claridade soa a leda chamada do cuco, /
o pencado salmón briméase no pulo, / a forza do barril guerreiro medra con brío, /
o rapaz faise mozo, / a rapariga, esgrevia e fermosa, florece [...]


E conclui coa borracheira de sensacións dun elemento ínfimo desa paisaxe, endoidecido ante ese estourido:

Un pobre paxariño, abraiado, / canta infatigable con clara voz:
é a laberca que anuncia ó país a sú mensaxe: / ¡O verán entrou no seu esplendor!

2 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

Percebes que estás presente nesa poesía? Porque nese verxel de sensacións que introduce o poema en cuestión aparece un "pencado salmón" que ben podería ser de arxila. Moi interesante...
p.d. Espero que o de pencado non sexa nada malo, que non teño nin p.i. de que significa e igual metín a pata ata o fondo...

segunda-feira, agosto 29, 2005

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Pencado = Con pencas. Tranquilo, Gaiteiraso, que non meteche a pata.
Un poema irlandés sen un salmón é como un domingo en Fene sen atasco na rotonda.

segunda-feira, agosto 29, 2005

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial