Apalpando as palavras do salmom

03 agosto 2005

Da miña insufrível preguiza como escritor~escrevedor

A todo isto, como sei que alguns (sobretodo algunhas) d@s que len este blogue están algo interesados no que servidor escreve ou deixa de escrever, direi-vos que ando a rematar o relato no que andava embarcado. Mellor dito, ando a rematar o primeiro borrador, porque logo terei-no de submeter a bastantes revisións, con todo canto iso implica de eliminación de palla (que a há e en cantidades nada desprezáveis, ben o sei). O problema é que sei que no desenlace teño de andar con muito tino, porque se me sai mal aló vai todo o edifício abaixo, e nen albaroque nen gaitas; e como este Ulmo de Arxila é unha árvore de seu preguiceira e mui doada de raiz, pois custa-lle horrores pór-se diante da pantalla a procurar as palavras precisas, os xiros oportunos, a borrar e reesrever secuéncias que non o convencen... Mais tranquil@s, que antes do vindeiro mes conto con te-lo rematado... sempre que os amigos do ILG non me surpreendan con horiñas extras de traballo, que va a ser que no. ... En fin, por se Avel quer lembrar-me o que me dixera unha vez de que gosto máis da tua poesia que da tua prosa ou exercitar a sua poderosa e admirável vea crítica, aí vai un pequeno adianto (un clip, vamos :-). Di asi:

Cando xa os homes dos nobres vitoriosos te conducían lonxe de Magh Alin quixeches pechar os ollos, lembrar a luz do día penetrando os seixos beira do lago Noisin, cando saías cazar as lebres pardas agochadas entre os matos. Mais a vista voouche cara a unha figura que viña cara a ti desde a distancia, paso lento e vacilante coma o dun xabaril ferido. A néboa, escasa mais invencíbel, foise afastando pouco e pouco, como repudiando a aquel que avanzaba por dentro dela. Recoñeciches as mans, moduladas pola empuñadura da espada e polos moitos pescozos crebados. Recoñeciches, Macha, o volume das coxas e a anchura do peito, entre a néboa. O nome saíuche penosamente por entre o sangue callado dos beizos. Dixeches: Torvo Donohue, meu amor. Repetiches: Torvo Donohue, no límite do esmorecemento.

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial