Apalpando as palavras do salmom

01 agosto 2005

Algo parecido a un poema

Por vez primeira e sen que sirva de precedente (seguramente por iso será tamén a derradeira vez) animei-me a contradizer as opinións de Maria Yáñez e utilizar o meu blogue para colgar algun texto de... criación, por chamá-lo dalgun xeito. Versos toscos e mal feitos, asi que supoño que Avel se apresurará a crucificá-los (ao mellor somente salva a fotografia que os acompaña, por aquilo de indultar o paratexto). Estás no teu direito, Ciberpiper, e os críticos (inclusive os "de encárrega" ;-) están (estades... estamos?) para iso.


Muller vermella entre as abidueiras

mais a noite asexa exausta entre os dedos do harpista cego
replego-me sobre o limite dos teus lábios, esa água
sentes nas nosas pálpebras as vellas cidades de vidro?
sentes-me emerxendo desde o cántico dos mouchos?

non esquezas como estalavan entre a névoa os esqueletes das casas negras
como nos fitava avoa anicada onda a lareira vazia
(fermosa a sua cófia como neve no lombo das égoas)
ela que era o siléncio e a palavra iminente
mentres o vento chamava incansável por ti desde o centro do milleiral

e nalgures havia un lago, fermosa,
sempre há un lago e un verso amargo como zume de landra
e nalgures tamén forxas vermellas deusas entre as abidueiras
esas que te cinxen agora cun rio de risos distantes

lembra-o agora que latexas, amor, ainda e por sempre incompleta coma o retorno
Ulmo de Arxila, Maio de 2005

3 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

moi bo, coma sempre. Ese dominio indirecto das cores (o vermello, o albo que se advirte na pulcritude da cofia "avoiana" etc) faiche moi grande. Este, que che ía dicir... Ah, que o número de conta xa o sabes, é o mesmo que na última crítica favorable. A foto magnífica (a esta convida a casa) e gústame ese remate "ora e sempre" tan ao estilo asterix e o meu tocaio obelix. Parabéns, meu.

segunda-feira, agosto 01, 2005

 
Anonymous Anónimo disse...

Para quando uma re-visão do mito de Ghuilian... perdão, William Wallace by o Ulmo de Arxila?

Brincadeiras fora, acho que se a tua poesia é boa, os teus contos poetizados não desmerecem.

Saude!

(Nota: o lacão mandas-mo à casa ou passo recolhê-lo?)

segunda-feira, agosto 22, 2005

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Teño a toda a futura crítica literária do país atada e ben atada cos lazos do euro e a carne de porco!!!!
Asi fixo que triunfarei!!!
;-)

segunda-feira, agosto 22, 2005

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial