Apalpando as palavras do salmom

16 agosto 2005

Duas cancións


Grazas ao software que me pasou o benquerido amigo Gê Uz puden por fin descarregar duas cancións desas que me poñen o calafrio na caluga: Dheannain sughraid, de Alyth McCormack (que fala dunha moza de cabelo negro e que si, foi quen me inspirou, para que negá-lo, ese poemiña que tanto rulou e [para a miña surpresa] tanto gostou nos corredores da amada Faculdade) e Blackbird, de Martyn Bennett, esa marabilla de mera e pedra gra na que a voz de Lizzie Higgins (en paz descanse) dá-lle sentido ao mundo desde a dor e a poesia e a luz incesante daqueles nortes terríveis. Foi Blackbird a banda sonora daquela inesquecível viaxe ao Senandré a à Costa da Morte que realicei há xa case un ano, e nada mellor que rever as fotos e vídeos daqueles dias con esta música case mística de fundo. Aqui adxunto unha delas; non sei por que ese tema de Martyn Bennett sempre me trae à cabeza os ventanuxos dos mosteiros deixando à vista esas paisaxes tan extremas: cuíñas, mar...
En fin, God Bless Real Player e QuickTime!!

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial