Apalpando as palavras do salmom

22 agosto 2005

Carvalleira Ilustrada

Non sei o que opinarán os meus compañeiros de andanzas, peripécias e má vida en xeral, mais non podo resistir-me a entregar en mans da crítica mundial as tres primeiras fotografias havidas da nosa incursión máis ou menos exitosa na Carvalleira de Sás, en Terra de So-Neira (sic sic). Fotografias bastante representativas dos múltiplos estados de ánimo que nos surpreenderon durante a mesma, a saber: eufória sosegada de Uz ante o indiscutível suceso da Operación A-Montar-a-Tenda, eufória sémi-chulesca de O'Lema polo mesmo motivo e entrada triunfal do tandem Lema-Careco no recinto do oenach, digooo da borracheira, digooo.... dos concertos, ho.
Que gostedes!

5 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Cibereando por aqui e vou e atopo estas fotos... a verdade é que as fotos não nos fazem justiça ;-p

Saúde e cepticismo!

NOTA: qual o menu do domingo? Lembra que devo continuar com as minhas restrições alimentares :))

terça-feira, agosto 23, 2005

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Benquerido amigo, parece mentira que ainda non estexas familiarizado coa dieta céltica que profesamos os galegos de ben o dia do patrón. Mais para que te vaias fazendo unha idea e comeces desde agora a fazer oco (e de paso para chinchar aos hipotéticos visitantes deste blogue que non terán a sorte de estar o domingo en cas Pajón) adianto-che que, como mínimo, haverá ameixas, cabirto, tenreira, tres tortas e os conseguintes chupitos rituais, amén de café e fária para quen gostar. E empanada, creo.
Lembra que o dia da festa é de profanación das restricións totémicas e alimentárias, collaciu!

terça-feira, agosto 23, 2005

 
Blogger ghuilianxallas disse...

Imponse máis unha crítica. Por que tenreira se temos de noso palabras diferenciadoras coma vitela, xata, cucha, becerra, etc, etc...? Acaso a vosa mercede tamén pensa que de ser "becerra galega" en lugar de *"ternera ghalleghaié" se podería confundir coa carne procedente de Gales...?
Mira que de dicir tenreira a dicir *"novela" en lugar de "xuvenca" (meu deus, que cheghe axiña o cambio na tele) non hai máis ca un paso...
Noutra orde de asuntos, que che ía disir eu..., este..., a ver..., non haberá un buratiño pra min nesa mesa? Aínda que o corpo enghañe como pouco e podo levar, por exemplo, o leite pró café, ou algho así...
Por certo, que mañá, día 24 é San Lois na Pereira así que xa sabedes, vinde á festa e se non podedes vir mandade os rapases!!!*

*(copyright, Rocío and me,2005)

terça-feira, agosto 23, 2005

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

A mesa da asemblea é ampla en cas Pajón, e estás convidadísmo a partillar da enchente ritual, para deleitar-nos coa tua sapiéncia e con ese leite que tanto impactou aos tricórnios de Rábade ("Coño, aquí hay leche").
Agardamos-te, xalleiro de ouro! O LICRa Quartet (Lema-Uz-Varela-Turnes) promete!

terça-feira, agosto 23, 2005

 
Blogger Uz disse...

Várias cousas:
1.- Excelente menu. Ñ haverá problema se me moderar um pouco e passear muito depois.

2.- A presença de Ghuilian Xallas (e Rocio ou mais gente) acho que seria gratíssima.

3.- Conta, conta, conta a anedota dos tricórnios, que ñ a conheço!

Saúde!

_ uz _

(http://madeiradeuz.blogspot.com)

'a vida sabe mais doce se é com mel de vreixo'

quarta-feira, agosto 24, 2005

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial