Reflexións do home que está trás os vidros (chove)
Preciso dese lugar. Dese calveiro en meio do bosque, dese refúxio soleado cinxido de névoa. Quizá unha lagoa, pequena, tremelante. Quizá unha chaira para os corvos, salpicada de pozas recentes (espello fendido). Un penedo no que sentar e percorrer atónito os camiños do siléncio. Como a fiandeira de Novoneyra, sempre a fiar e soñar para logo non ser nada.
Preciso da miña xente. Preciso sentir-me rodeado, naufragado nun mar de sorrisos e rostos coñecidos. Sentir-me apreciado. Sentir xente bulindo ao meu redor e inxectando-me parte da sua vida.
E sobretodo preciso a sensación de que o tempo foi abolido. Mergullar os relóxios en formol. Mergullar os relóxios en formol.
1 Comentários:
E quen non precisa dun lugar tan idilico?? Vivimos sumerxidos nun mundo caótico no que coma di Bauman (creo), supeditamos o noso principio de placer polo principio de realidade, pero en que realidade vivimos, a día de hoxe esquecemos de pensar en nós mesmos e de desfrutar con cousas tan mundanas coma a paisaxe que descrebes.
Por certo, se esa paisaxe existe eu quero vela, merece a pena!
Bicos e anímate!
quinta-feira, março 09, 2006
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial