Apalpando as palavras do salmom

09 março 2006

Aproximación a unha autopoética (por chamar-lle dalgun xeito)

Acabo de chegar de Bertamiráns, de asistir à apresentación da nova edición dun certame literário no que o ano pasado gañei o primeiro prémio de poesia. A moza de cabelo negro, que para a miña surpresa e satisfacción causou tanto impacto na xentiña da Faculdade, xa respira impreso nunha colectánea ben xeitosa e variada. Ali estava a Lóli Vilavedra (nuestra Lóli), a boa xente do concello e os outros galardoados. O acto fixo-me reparar máis conscientemente en como me estou a desligar da literatura, esa que noutrora foi a luminosa casa de meu. Seria hoxe capaz de escrever un poema como A moza de cabelo negro? Seguramente non. Seguramente nunca escreverei nada que estexa a esa altura, e é unha lousa coa que terei de aprender a viver. Manuel António foi un poeta acabado aos 25 anos. Mais talvez fique dentro de min máis do que penso. Este verán fun capaz de rematar un relato de 17 páxinas do que me sinto bastante satisfeito. Supoño que é cuestión de desconectar e lembrar vellos movimentos, vellas reflexións e ideas que nunca esvaecen de todo. E, sobretodo, un impacto, un estremecimento; a lapa que faga estourar o meu mundo interior e me proporcione os cascallos necesários para reconstruir a vida nun poema. Si, talvez iso sexa o máis necesário: a lapa, a chama. O estourido.

1 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Escreverás. Novos sentimentos, novas experiências, novas paixões, novas alegrias, novas penas, novos conhecimentos, novas amizades... E o sangue já sabido daquilo que conheces, cincelado em mão de ferro com luva de seda.

Escreverás, já ora que escreverás algo tão sublime, forte e delicado, sangue sobre neve, como 'A moza do cabelo negro'.

quinta-feira, março 16, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial