Apalpando as palavras do salmom

20 junho 2008

O verán petando às portas

Esta mesma noite, sen máis tardar, comeza o verán. Non deixa de ser unha convenzón imposta, pois, na realidade, en Galiza non falamos de estio até que non vemos acesas as primeiras cacharelas de San Xoán. A sardiña (se os prezos o permiten, que ainda está por ver) mollará de novo o miolo do mol e sabedor pan do país, e, entre cunca de viño e cunca de viño, non esqueceremos deixar na cornixa da nosa ventá o cacho de San Xoán, elaborado coas ervas máxicas do sol-pór e fonte de beleza e saúde. En fin, milleiros e milleiros de rituais que se amorean ao longo desa noite breve coma un suspiro, mais enchoupada de mitoloxia como poucas.
Para celebrarmo-lo cun pouco de anticipazón, aqui vos deixo este vídeo dos irlandeses/británicos Flook, un dos mellores grupos acústicos de folque celta que andan a xirar hoxe en dia polo mundo adiante. Dous frautistas, un guitarrista e un percusionista que tiven ocasión de ver en directo há uns anos na Carvalleira de Sás. Por certo, do percusionista, John Joe Kelly, irlandés nado como tantos outros na emigrazón de Manchester, há que dizer que representava o máis puro estereótipo do irlandés inquedo e bebedor. À altura da segunda peza do concerto xa levava no corpo outras tantas cervexas. Mais pagava a pena con tal de escuitá-lo tocar. Como dixeron acerca del nunha revista especializada, dizer que Kelly toca ben o bodhran é como dizer que o Everest é unha montaña algo alta.
Que gosteis e bon San Xoán!