Apalpando as palavras do salmom

19 agosto 2007

Da sincera e transparente alegria dos gaélicos

Estou a lle coller gosto a isto de recuperar a letra de canzóns que no seu dia me impresionaron por un ou outro motivo. Mais percato-me de que quen quer que lese os posts precedentes poderia chegar doadamente a unha conclusón: os gaélicos somente sabian cantar penas, dores, sentimentos obscuros, grandes pedras atravesadas na porta do corazón, impedindo o paso da luz e a ledícia.

Craso erro! Certo é que há diferenzas bastante grandes entre o xeito de pensar o mundo dos irlandeses e o dos escoceses. E isto à marxe dos acontecimentos históricos que ambos os dous povos tiveron de padecer ao longo dos séculos (unha constante luita por manteren-se vivos fronte aos apetitos coloniais da maldita e grandiosa Inglaterra), e que obrigadamente tiñan de deixar un pouso de insatisfazón ou tristura nos versos das suas tonadas e melodias. Quizá a filosofia vital dos irlandeses (uns "mediterráneos do Norte", como diz o amigo Innisfree) e a maneira de conservar e transmitir a sua tradizón ten de ver, entre outras cousas, co mantemento da relixión católica. Algo similar aconteceu na Bretaña, por suposto tamén na Galiza: o catolicismo rural e atlántico destes países non destacava precisamente pola sua intoleráncia, nen puña excesivos reparos a unha cosmovisón en muitos sentidos ainda pagá e arcaica. O próprio ritual católico e as suas hierarquias e instituizóns puñan-se muitas vezes ao servizo desa cosmovisón; o crego, en ocasións, exercia máis como un meigo ou como un médium que como un ministro de Deus e da Igrexa. Na Escócia, pola contra, o xénio calvinista e protestante fixo estragos nese sentido, impuxo un ricto severo e intransixente, unha atmosfera às vezes gris e asfixiante. A alegria e o direito a rir-se da vida e os seus barrancos ficaron banidos. Chegou-se a extremos como o de proibir os bailes, perigosa fonte de tentazóns e indecoros, segundo parece. En Breaking the waves, de Lars von Trier, ambientada precisamente no Norte da Escócia, há detalles que ilustran mui ben esta relixiosidade máis nórdica e escandinava que céltica: o campanário sen campás, por exemplo. O enfermizo desexo de reprimir a alegria.

Mais sexa como for, e ainda lidando con esta intoleráncia, o certo é que os escoceses sempre tiveron propensón à alegria sincera e desbordante. Como bos celtas, por outro lado. E non se limitaron a ver o amor como fonte de desgraza e sofrimento, senón que souberon recoñecer nel tamén un verdadeiro e gozoso motor da vida, às vezes desde perspectivas deliciosamente inxénuas, que paradoxalmente nos retratan a verdadeira e imensa dimensón deste sentimento.

Unha pequena amostra é esta canzón de amor que coñecin na engaiolante voz de Alyth McCormack. Trata-se de Hi Horo's Na Horo Eile, un tema composto por John McLean de Tiree (1827-1895), por outro chamadoiro O Bardo de Balemartine. A canzón ia dedicada a Mary McDonald, supomos que unha fermosa e riseira dama, ou iso gosto eu de crer namentres escuito esta evocazón das pequenas mais impagáveis virtudes do amante.

Nuair a bha mi'm chaileig ghoraich

Sendo eu unha rapariga nova e alegre

Thug mi gaol 'us gradh do'n oigear

entreguei-lle o meu amor e afecto

Aig am bheil a'phearsa bhòidheach

a un fermoso mozo

'S cha ghradhaich mi ri m'bheo fear eile.

e endexamais hei de amar a máis ninguén.

Hi horò 's na horo eile

Hi hor 's na horo eile

Hi horò 's na horo eile

Hi hor 's na horo eile

Hi horò 's na horo eile

Hi hor's na horo eile

Gur tu mo luaidh ri'm bheò cha cheil mi.

ti és o meu amor e non esquecerei isto mentres viva.

Meur a's grinn' air peann a sgriobhas

Eses dedos que fan a pluma escrever tan xeitosamente,

'S a chuir gleus air teudan fidhle

que tocan unha melodia no violin,

'Se do cheòl do thogadh m'inntinn

a tua música alegrava-me a alma

An uair a bhithinn sgith fo smalan.

cando eu estava triste e apesadumada.

Ach tha mise'n dùil 's an dochas

Mais eu vivo en expectante e esperanzada,

Gu'n tig an là 's am bi sinn comhla

pois chegará o dia en que estaremos unidos;

'S ma bhios tusa dileas domhsa

e se te mantés fiel a min,

Cha ghràdhaich mi ri'm bheò fear eile.

endexemais hei de amar eu a máis ninguén.

4 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Un tema interesante. Hay furibundos negadores de eso que llaman el caracter nacional, con la intención oculta de negar a las naciones.

Sin embargo esa no es la cuestión, se trata simplemente de que la cultura, las costumbres, la convivencia hacen unos temperamentos y unas formas de ser necesariamente más comunes..y eso se va concretando en las artes, en la expresión etc...

Bueno, yo note a los irlandese un poco bruscos, un poco gallitos, y frontales...les gusta ser peleones, pero con un fondo divertido...Es como un ritual, un poco de tosquedad fingida...todo lo contrario a tipo normal del inglés, muy correcto, muy snob, pero frío...no hay forma de salirse de la corrección con ellos, salvo borrachos que entonces se salen de madre a lo bestia. Un poco parecido a los nórdicos.

Por otro lado está esa fama de los irlandeses de estar siempre revolcándose es sus tristezas.
La verdad es que hay muchos parecidos con los andaluces, la pena del flamenco, el gusto por la diversión, la charlatanería...sin embargo todo es más dulce en Irlanda, y más extremo en Andalucía.

http://ateneodealgeciras.blogspot.com

terça-feira, agosto 21, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

¿El catolicismo tiene que ver?... yo también creo que si, que es un cristianismo mucho más efusivo y vistoso, basado en eso precisamente. Se ve en culto a las imágenes, y la expresividad de estas.
“qué penita”...dicen las mujeres en Andalucía al ver pasar al cristo en semana santa, o “guapa,guapa...” a las vírgenes...todo consiste en una efusión de sentimientos pública...
Si, es arcaico y hasta primitivo... mientras que el protestantismo reprime todo esto, a la búsqueda de una reflexión constante y una racionalidad.
Es curioso, pero tengo la impresión que el carácter andaluz tiene más paralelismos con el carácter irlandés que con el gallego, y esto puede tener que ver más con la historia, que con el catolicismo. Irlandeses y andaluces han tenido una historia de pueblos conquistados oprimidos hasta el extremo de maneras muy parecidas. Conquista militar, apropiación de todas las tierras, represión total de la cultura anterior, hambre y miseria extrema. Lo determinante es que en los caso de Andalucía e Irlanda son casos extremos.
Podriamos hablar de los mismos ingredientes en Galicia, pero me da que una historia no tan brutal y extrema...
Y todas estas comparaciones, por tratar de establecer causas a características parecidas, aparte de la base cultural distinta de Andalucía, para nada céltica por supuesto.
¿y en Gales? Son protestantes y eso se puede notar también...

terça-feira, agosto 21, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Aguaruna, sabia que esta tema ia gostar-che! E a verdade, fas reflexións mui interesantes e sen dúvida mui certas. Ainda que eu faria algun matiz. A fama dos irlandeses de estaren a revolcar-se sempre nas suas tristuras, como ti dizes, parece-me un tópico, ou cando menos unha exaxerazón próxima ao tópico. Creo lembrar que foi Shaw quen dixo que "se volvo a escuitar-lle a alguén falar da melancolia dos irlandeses, dou-lle unhas hóstias". Ou algo parecido. Esa melancolia é máis ben un trazo derivado da história recente, dos últimos 400 anos, coa acentuazón da opresión inglesa. Mais nen asi se diluíron trazos que se situan nas antípodes da melancolia; trazos que enlazan, se queres, coa filosofia de vida e coa estética representada nos vellos textos gaélicos. Esa alegria explosiva da que falas é un bon exemplo. Ou a ironia corrosiva que se gastan às vezes.
Paralelismos cos andaluzes, por suposto. Quizá teña que ver a histórica presenza de españóis, e sobretodo de andaluzes, na costa sul irlandesa. Os "Spaniards". Sobretodo trás o desastre da Grande Armada. Sexa como for, cada vez estou máis convencido dunha "comunidade de sensibilidades" ao longo de todo o Arco Atlántico, en senso mui amplo, independente das "raizes celtas" de cada território, e máis condicionado por uns factores históricos, xeográficos... comuns. E isto por suposto abrangueria Andaluzia. Os temas e os ritmos às vezes coinciden pasmosamente. Carlos Núñez soubo ver que os "alalás" galegos teñen verdadeiros clons na música tradicional do Norte do Magreb. En fin, é este un tema apaixonante do que poderíamos estar a falar horas.

terça-feira, agosto 21, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Hola Ulmo...

He puesto unos relatos de Cunqueiro aquí...

http://ateneodealgeciras.blogspot.com/

segunda-feira, agosto 27, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial