Pequena memória de Martyn
Há algo máis de dous anos que nos abandonou un dos meus grandes ídolos, e protagonista directo ou indirecto dos últimos posts. Falo, evidentemente, do inimitável Martyn Bennett. E van sendo horas de lle render unha pequena homenaxe antes de seguir rio abaixo na compaña do salmón.
Ainda que nascido no Canadá (onde ainda hoxe resiste unha importante comunidade de descendentes de imigrantes escoceses, cuxa língua nativa e cotiá segue a ser o gaélico), Martyn trasladou-se sendo neno con sua mai à Escócia. Ali descubriu a música, sentiu-na dentro e viva coma unha imprescindível criatura, e consagrou-lle praticamente a sua vida. Trás as primeiras colaborazóns con Mouthmusic, o rompedor grupo de Martin Low que se atrevia a remexer a tradizón máis descarnada coa máis avanzada tecnoloxia, Martyn gravou o seu primeiro álbume, Martyn Bennett. Seguiu-lle Hardland, marabilloso, temerário, destrutivo. Os temas deste traballo revolucionaron o meu conceito da música celta, derrubaron muitos dos meus esquemas, ensinaron-me que a distorsón, a fragmentazón e o delírio poden ser (e de feito son) rutas lexítimas e mui eficazes cara ao corazón da tradizón, do arcaico, do mito do que nos alimentamos.
En Bothy Culture apercibin e gocei as estrañas conexións entre a música escocesa e a de culturas teoricamente mui distantes, ainda que igualmente envorcadas sobre o extremo e o frenesi vital. O Islam, o hinduísmo, transformados polas gaitas escocesas, os violins e os whistles, adquirian un novo sentido nos meus ouvidos
Seguian as revelazóns, os experimentos, as aventuras sonoras e espirituais, e de súpeto Martyn dá unha viraxe, un golpe de volante, e fabrica Glen Lyon, outra xóia coma todos os seus traballos, mais netamente diferenciado dos anteriores e dos seguintes. En Glen Lyon a matéria prima son os temas cantados en gaélico; e non faltan clásicos como Cumha Mhic Criomain, Griogail Cridhe (quizá o lamento máis fermoso da tradizón escocesa) ou o Cumha Iain Gairbh. Todos eles interpretados por Margaret Bennett, mai de Martyn e inigualável experta no folclore escocés a ambas as duas beiras do Atlántico. Os grandes temas do ser gaélico percorren as artérias de Glen Lyon: a auséncia do amado ou da amada, a eterna obsesón xacobita, a ledícia de viver, a paisaxe...
O testamento de Martyn, e ao meu xuízo a sua auténtica obra mestra, non apta para puristas e seres grisáceos, foi Grit. Un exemplo de hard-music, desde logo, mais que contou coa aprovazón explícita de mestres tradicionais da envergadura de Hamish Henderson. Palavras maiores. De novo as vozes gaélicas: Lizzie Higgins, Jimmy Mac Beath, M. J. Robertson... muitos deles coñecidos e tratados polo próprio Martyn. Extractos de contacontos, de vellos cursos de gaélico, salmos da mellor tradizón protestante que escaman pola sua pureza e fermosura... en definitiva, a gravazón antiga como acceso a verdades fundamente intuídas que chegan a nós envoltas en ritmos modernos, traballados, às vezes case barrocos. Unha marabilla. Unha verdadeira marabilla.
Martyn Bennett foi sen dúvida o músico máis renovador e interesante de toda a cena escocesa e ainda europea ao longo da última década. A min, persoalmente, axudou-me a entender territórios criativos nos que até ese momento xamais me aventurara.
E cada vez que o tédio ameaza con infiltrar-se na miña vida, acudo à sua discografia, poño Blackbird, por exemplo, ou Spree, ou Hallaig, e dispoño-me a reencontrar o camiño cara ao sol e o bosque.

3 Comentários:
Beizón!
sexta-feira, agosto 17, 2007
non me explico o por que, pero eu moito che aprendo neste blog. Aínda hei acabar irlandescocesado e todo, pq as cousas que pos sonche ben interesantes, si señor...
sexta-feira, agosto 17, 2007
Eu tamén teño escoitado algún tema de Martyn Bennett, e a verdade, non sabia que morrera, coincido có outro comentario neste mesmo post, moito aprendo lendo o teu blogue Ulmo... eu tamén son un namorado da música folc e celta (catalogádea como queirades) sobre todo o da Bretaña, gosto moito dos Tri Yann, Alan stivell ou Dan ar braz...tamén dos escoceses Wolfstone ou Tannahill Weavers.
Slàinte !
sábado, novembro 10, 2007
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial