Apalpando as palavras do salmom

13 agosto 2007

Cumha Mhic Criomain


Por petizón non popular, mais case, vexo-me na obriga de explicar, ainda que sexa brevemente, alguns detalliños sobre a peza que interpretava Martyn Bennett no meu post anterior, Cumha Mhic Criomain (en roman paladino, O lamento de Mac Crimmon).
Os Mac Crimmon foron unha das sagas de gaiteiros máis famosas e aprezadas da Escócia. Esta família estivo historicamente ligada ao clan dos Mac Leod, asentados na sua orgullosa fortaleza de Dunvegan (literalmente, o castelo pequeno), na illa de Skye.
Como grandes músicos que eran, as histórias e anedotas que xeravan non eran poucas. De Padraic Óg Mac Crimmon (1645-1730) diz-se que compuxo unha melodia en homenaxe à filla dun chefe dos Mac Leod. Este, trás escuitar a peza, ficou tan impresionado que lle concedeu no instante a man da sua filla ao afortunado gaiteiro. A melodia en cuestión intitula-se The Pretty Dirk, por se sentirdes a curiosidade de quere-la escuitar. Tamén aparecen Mac Crimmon en sucesos menos ledos e máis macabros. Yeats, nun texto no que critica a atitude temerária e irresponsável dos escoceses para cos seres do Outro Mundo, lembra un vello conto segundo no que un gaiteiro da família Mac Crimmon entra co seu can nunha furna coñecida polos encantos e trasgos que nela vivian. O gaiteiro fazia resoar a sua gaita con toda a forza que podia, buscando incordiar os habitantes da cova. De súpeto, a gaita cala e o seu son é substituído por un violento ruído de luita. Ao cabo dun anaco, da furna somente sae o can do gaiteiro. Iso si, completamente esfolado. Do Mac Crimmon xamais se volveu saber. Contos de vellas? Pois ao mellor.
Mais o Mac Crimmon que aqui nos interesa é outro, concretamente Donald Ban Mac Crimmon, que viveu tamén nas primeiras décadas do século XVIII. O caso foi que este Donald Ban, na noite antes de partir cara à batalla na compaña do seu señor (durante as revoltas xacobitas de 1746, que culminaron no desastre das tropas insurrectas en Culloden/Drumossie), tivo unha premonizón, un pálpito; intuíu que ia morrer en combate, que endexamais retornaria a Dunvegan. Con esa sensazón ainda fresca compuxo un piobaireachd (o piobaireachd, ou pibroch en inglés, é un xénero da música tradicional de gaita escocesa consistente nunha série de variazóns que realiza o intérprete a partir dunha melodia base), coa sua correspondente letra que aqui vos oferezo na sua versón orixinal gaélica e nunha chafalleira e apresurada traduzón ao galego marca da casa. A todo isto, hai que dizer que Cumha Mhic Criomain é un clásico da tradizón musical escocesa, e, como bon clásico, conta con muitísimas versóns. Esta é somente unha delas, mais quizá a máis coñecida:


Dh' aidh cèo nan stùc mu aodann Chuilinn
A névoa dos montes cobre o rosto do Cuillin,
'Us sheinn a' bheinn-shith a torman mulaid
e xa a Banshee cantou a sua triste canzón;
Gorm shuilean ciuin san Dun a' sileadh
belidos ollos azuis choran na fortaleza
O'n thriall thu bhuainn 's nach till thu tuille
desde que ti marchache, e xamais hás volver.

Cha till, cha till, cha till Maccrimman
Xamais há volver Mac Crimmon
An cogadh no sìth cha till e tuille
en tempo de guerra ou de paz, xamais há volver
Le airgiod no ni cha till Maccrimmain
nen con cartos nen con posesóns há volver xamais,
Cha till e gu bràth gu la na cruinne
non há volver xamais deica o Dia do Xuízo Final

Tah osag nam beann gu fainn ag imeachd
Move-se lixeiramente a brisa sobre as montañas,
Gach sruthan's gahc allt gu mall le bruthach
todos os rios e regatos fluen de vagariño,
Tha ealtainn nan speur feadh gheugan dubhach
os páxaros do céu descansan entre negras pólas
A' caoidh gu'n d'fhalabh 's nach till thu tuille
laiando-se porque marchache e xamais hás volver

Tha'n fhairge fa-dhèoigh làn broin us mulaid
Cheo está o mar de tristura e máis tristura,
Tha'm bàta fo sheól, ach dhiult I siubhal
o barco bota-se à água mais fai-se-me estraño,
Tha gairich nan tonn le fuaim neo-shubhach
o ruxir das ondas ten un son infeliz
Ag ràbh gun d'fhalbh 'snach till thu tuille
e di-me que marchache e xamais hás volver

Cha chluinnear do cheòl san Dun mu fheasgar
A tua música xa non se escuitará en Dunvegan á tardiña,
'Smac-talla nam mùr le muirn ga fhreagairt
e o ecoar dos muros contestando-che coma un lamento,
Gach fleasgach us òigh, gun cheol gun bheadrach
todo home e muller fermosa privados de música e contento
O'n thriall thu bhuainn, 'snach till thu tuille.
desde que ti marchache, e xamais hás volver

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial