Apalpando as palavras do salmom

22 julho 2007

Lembrando a Bothy Band

Un dos grupos míticos, embrionários e imprescindíveis da música irlandesa de todos os tempos; ou, en palavras de Martyn Bennett, a mellor banda irlandesa de todos os tempos. Un servidor concorda con esta opinión. Quen non o faria vendo o plantel que configura o grupo?
No violin, nen máis nen menos que Kevin Burke; às uillean pipes, un silencioso e arisco Paddy Keenan (memorável o seu duelo nas gaitas con Carlos Núñez no tema The Raggle Taggle Gipsy); a voz e o piano eran cousa de Tríona Ní Dóhmnaíll, e a guitarra ficava para seu irmán Míchèal (ambos os dous coincidirian de novo anos depois en Nightnoise, a experiéncia que revolucionaria a música irlandesa xa nos anos 80). Un mozo Matt Molloy, hoxe en The Chieftains, fai marabillas coas frautas, mentres que do bouzouki ocupa-se o mesmísimo Dónal Lunny, xa entón verdadeira enxurrada de forza e criatividade.Neste vídeo interpretan un set de tres pezas clásicas do repertório tradicional irlandés: The Morning Star, The Fisherman's Lilt e The Drunken Landlady. Era Dublin, e corria o difícil ano de 1977.


2 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Folk de luxe!

segunda-feira, julho 23, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

A verdade é que son unha pasada. Isto si que son músicos e non os "triunfitos" ;-)

terça-feira, julho 24, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial