Eu, Deirdre, a obscura e desgarrada
Os primeiros representantes do Irish Literary Revival fixaron-se sobretodo en certas lendas da vella tradizón gaélica, aquelas especialmente entroncadas (ou entroncáveis) co espírito tráxico e romántico que as suas obras posuian naquel contexto histórico e literário de finais de século. Unha delas, quizá a principal, é a de Deirdre e Noisi, amantes perseguidos polo rei Conchobar de Ulster (o tio, e talvez pai, de Cu Chulainn, herói irlandés por antonomásia). Como no relato de Diarmaid e Grainné, tamén neste caso Noisi perde a vida traxicamente xunto con todos os fillos de Uisnech, e Deirdre é obrigada a volver ao lado do vello señor dos ulates, a cuxo leito estava destinada desde pequena. Esta história serviu-lle a Synge para compor a sua peza teatral Deirdre of the Sorrows, unha das máis relevantes e exitosas da época. Ora, como acontece en tantas outras ocasóns (Mc Pherson, por dar unicamente un exemplo), servidor prefere con muito as palavras vellas e a forza das sensazóns que as percorren antes que a reelaborazón contemporánea de que foron obxecto. No relato orixinal de Deirdre e Noisi (cuxo final admite distintas versóns nas que non imos entrar) acadan-se alturas poéticas ainda non igualadas, con imaxes contorsionadas e metáforas realmente visionárias e audaces.
Unha cativiña amostra pode ser este fragmento do lamento que entoa Deirdre unha vez sabida a morte do seu amante. As palavras caen no baleiro como golpes descarnados e dolorosos. É, certamente, un berro incontível que o enchoupa todo de radical amargura...
Unha cativiña amostra pode ser este fragmento do lamento que entoa Deirdre unha vez sabida a morte do seu amante. As palavras caen no baleiro como golpes descarnados e dolorosos. É, certamente, un berro incontível que o enchoupa todo de radical amargura...
Querido ollos azuis amado das mulleres,
terrível para os inimigos,
trás a travesia do bosque, noble reunión,
amada clara voz na umbria do bosque.
Xa non durmo.
As miñas unllas xa non son de púrpura.
A ledícia xa non rolda os meus desvelos
desde que xa non vén o fillo de Uisnech.
Non durmo
a metade da noite no meu leito.
O meu espírito vaga polos mundos,
nen como nen rio...
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial