Apalpando as palavras do salmom

15 janeiro 2007

De cando Lug Barbudo chegou ao obscuro norte

En chegado ao norte, deixados atrás os camiños vellos e as mudas rodeiras, Lug Barbudo sentou nun penedo e, coa vara de freixo nunha man e os ollos perdidos máis alá do derradeiro cómaro do horizonte, falou con língua alta e clara proclamando:

será logo porque és para min unha palavra grande e obsesiva, unha raiz obscura e cálida chantada na boca, unha catedral iluminada en médio dos bosques, un aloumiño inextinguível, unha bidueira, turba, dentes partidos na madrugada

será porque te remexes enfurecida na noite coma un facho acabado de prender, porque pronunciando o meu nome afundes barcos e naos imensas ali onde comeza o estrépito e os beizos se retorcen de tanto sal

será porque derramas calma sobre o pentagrama e ofereces caldeiro e pan e sorriso até que chega o mencer e os corazóns se abren e nos desperta a proximidade das cervas

será porque a tua cicatriz resucita e avivece os corvos da memória e me fai medrar o camiño baixo os meus pés

Lembrou un anaco Lug Barbudo as palavras derradeiras da vella naquela choupana destartalada dos confins de Donegal, ou de Morbihan, ou quizá de Soneira (non saberia dizer), e erguendo-se do penedo apoiou a eterna vara de freixo no camiño e continuou andando baixo o ouro vello do sol-pór.
Pois ainda lle restava por cruzar o mar.

7 Comentários:

Blogger marykinha disse...

Ohhh que cousa máis linda!!! Gustanme os dous últimos paragrafos!!! Non sei, pero gústanme!
Bicos

segunda-feira, janeiro 15, 2007

 
Blogger Madeira de Uz disse...

Ei, campeão!! Um post maravilhoso, um relato magnífico. Ainda estou tremendo da emoção :)

PD: e concordo com María... quê lindas frases finais! E é que há muita cousa linda por Soneira e arredores :-p

segunda-feira, janeiro 15, 2007

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Graciñas, nenos! Cousas lindas por Soneira há ben delas; ora, nas marxes do vello Ove tampouco se quedan atrás :-p

terça-feira, janeiro 16, 2007

 
Blogger Madeira de Uz disse...

Mas margens do Ove, concretamente tirando para 'riba' ;)

Cúidemelo bien, que vale mucho :-)

terça-feira, janeiro 16, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

en terras norteñas, aínda existen covas profundas onde habitan dragóns que velan polos tesouros

terça-feira, janeiro 16, 2007

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

e que ben se está nesas covas, mádia leva! XD

terça-feira, janeiro 16, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Subidinhos de tom os dous últimos comentários, ehem :-p

terça-feira, janeiro 16, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial