Apalpando as palavras do salmom

19 dezembro 2006

O meu amor

Eu non sei se, como dixo Markale, foron os celtas os que inventaron o amor como forza absoluta; mais, desde logo, viveron-no como tal. Nos vellos textos, poemas e cantigas, o amor é a maré que arrasa e destroza os alicerces do mundo, mais tamén a enxurrada incesante que o vivifica constantemente. É complexo, mui complexo ese xeito de entender o amor, mais eu sinto-me fundamente identificado con el. Adoro a lenda (as múltiples versóns da lenda) de Diarmaid e Grainné, na que ela, prometida ao vello rei dos Fianna Finn Mc Cumal, lanza sobre Diarmaid, guerreiro predilecto do monarca, un geis, como quen diz, un lazo máxico e invisível que o obriga a segui-la polos montes e os páramos e os cantis do mundo. De aí, por suposto, Tristan / Drustan e Isolda, e a beberaxe de amor na que recoñecemos transfigurado o vello geis dos irlandeses. Tamén Deirdre e Noisi, ou asemade Mider e Etaine, guindan versos incendiários de amores livres e xabaris, de lábio partido e ruta para a fuxida.
Mais poucas palavras poderá haver que resuman de xeito tan contundente ese amor radical do que falamos coma estas que alzan as mulleres de Leilía. É incrível como esas vozes que se disolven lentamente no siléncio acaban inxectando-nos algo tan alto, tan luminoso e estremecedor que xa non sabemos se é a alegria ou tristura, vento ou neve, chaira ou camiño... Non será simplesmente vida?


10 Comentários:

Blogger Madeira de Uz disse...

Eu também te quero ;-)

quinta-feira, dezembro 21, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

El enamoramiento es un proceso de enajaneación mental que aortunadamente se ura con el tiempo, aproximadamente 4 años (Carl Gustav Jung, psicoanalista Suízo)

quinta-feira, dezembro 21, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

O Jung às vezes estava mellor caladiño...

quinta-feira, dezembro 21, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Evidentemente, o do primeiro comentário foi um servidor de vocês :-D

Maria, tem muita sorte nos países pequeninhos. Paulo, boas férias na Chaira (ou, no seu defeito, em Compostela).

I'm back!!

quinta-feira, dezembro 21, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Obrigado, meu home! Ainda tardei en dar-me de conta de quén era o dos Caminhos Cruzados...

quinta-feira, dezembro 21, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

A Paulinho... tes que ler algo de Jung, a ti que dsfrutas coa historias celtas e gaélicas gustariache saber que Jung defendía a cultura celta era a cultura nai das culturas actuais e que é esa o primeiro sustrato que constrúe os nosos pensamentos!!
Era o mesmo que buscaba a través das migallas que quedan do que el chamaba culturas primitivas, a explicación das culturas actuais e dos movementos culturais.
De feito, e xa sei que non ten nada que ver co tema dos celtas, mantivo conversas co xefe dunha reserva de indios Cheeroke para poder comprender os seus supostos estadíos psicolóxicos (foi a primeira persoa en psicolanalizarse), descubrindo que son ciclos naturais que deben seguir un curso e que a mellor cura estaba enraigada ao coñecemento destas culturas primitivas!!
Ao Capitán Uz... Noraboa pola (espero que)nova andaina cibernética!!
Bicos a ambos e felices festas!!
P.D. Se me toca a lotería imos a Suíza que din que están todos tolos e quero buscar aos meus semellantes!!

sexta-feira, dezembro 22, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Merda, son as 10'04 da mañá e estou de resaca e non sei que fixen e non sae o meu nome :(

sexta-feira, dezembro 22, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Non che discuto as marabillas e virtudes de Jung; só que non comparto esa visón do namoramento que el predica.

sexta-feira, dezembro 22, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Jo eu comprendo que sexa unha bastada decir que o enamoramento é un proceso de enaxenación mental e que dura 4 anos, pero tamén é certo (e ti e que que tendemos a ser namoradizos debemos telo en conta) que o enamoramento supón a idealización dunha persoa. Canto máis a idealizas máis a exaltas e durante 4 anos, vas descubrindo o que vai ben e o que vai mal, vas descubrindo a realidade e vas desmitificando ese ideal que tes do teu namorado/namorada.
Bicos!!

sexta-feira, dezembro 22, 2006

 
Blogger Madeira de Uz disse...

Pois eu dou-vos a cada um a vossa parte de razão, mas ligeiramente inclino a balança do lado do Paulo por uma razão: quase prefiro uma visão do amor mais romântica e menos guiada pola ciência.

E porquê isto? Porque, se a fim de contas a nossa própria consciência e os nossos sentimentos são apenas o resultado de uma série de processos químicos e de impulsos eléctricos... cientificamente é algo inegável, mas emocionalmente custa-me digeri-lo e, aceitando esta minha limitação, é que me decanto pola visão mais idealizada do amigo Paulo.

No me llames iluso...

quarta-feira, dezembro 27, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial