Apalpando as palavras do salmom

06 março 2007

Meu lugar de água clara

Aproveitando que o noso amigo de Innisfree resgatou a poderosa figura e xigantesca poesia do meirande bardo irlandés desde W. B. Yeats, que tal foi e será por muitos anos Seamus Heaney (Seosamh O hEanaì seria o seu nome en gaélico), gostaria de compartir cos meus compañeiros de viaxe unha das composizóns máis sinxelas e asemade máis logradas deste autor do Ulster. Trata-se dunha evocazón da sua terra natal, Anahorish, versón anglizada do gaélico anach fìor uiscee (ou algo similar; a miña memória xa non é nen de lonxe o que era), que pode mui ben traduzir-se ao galego como lugar de água clara. O poema resulta muito máis complexo do que puder semellar-nos a simples vista. Somente alguns apuntamentos: a ligazón que estabelece Heaney nas suas grandes obras entre a linguaxe, a construzón poética e o mundo que nela se alberga e se refúxia; a transparéncia da lembranza, a brillante contundéncia desas imaxes que percorren, como caudalosas artérias, o sinxelo corpo do poema; as conexións, en fin, que poden estabelecer-se entre este "Anahorish" e nomes tan altos, sonoros e amados como o de Pai Uxio, Pero Meogo e outros bos mestres de outrora.

My "place of clear water,"
the first hill in the world
where springs washed into
the shiny grass

and darkened cobbles
in the bed of the lane.
Anahorish, soft gradient
of consonant, vowel-meadow,

after-image of lamps
swung through the yards
on winter evenings.
With pails and barrows

those mound-dwellers
go waist-deep in mist
to break the light ice
at wells and dunghills.

1 Comentários:

Blogger marykinha disse...

Meu rei, os teus silencios blogueiros sempre van a ter esta acollida lingüística??
Grazas por actualizar,q ue así nos ratos libres eo algo intersante e desconecto do "background of the muslims pupils"
Bicos

terça-feira, março 06, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial