Do gaélico ao inglés pasando polo galego
Pode-se dizer de muitos xeitos, mais non mellor do que o fai John Banville neste treito dunha entrevista que lle fixeron recentemente para o xornal español El País e que lle tomamos emprestada (traduzón ao galego mediante) ao amigo Chesús de Innisfree. A questón é por que os irlandeses escreven mellor en inglés que os próprios ingleses. A resposta, lonxe de cinxir-se exclusivamente a esta idea, afonda en temas muito máis profundos que teñen a ver, por exemplo, coa pervivéncia da identidade e da cosmovisón dun povo ainda cando ese povo decide (voluntária ou forzadamente) adoptar unha cultura e uns esquemas ideolóxicos alleos. E, sobretodo, fala Banville de cómo iso, que necesariamente implica conflito e contradizón, materializa-se nalgo tan inexacto, difuso e non obstante carregado de identidade como é a língua... Está ben ir familiarizando-se con estas questóns, pois nosoutros mesmos, como galegos, estamos a ver-nos implicados nun proceso mui similar en todos os sentidos.
Mais o texto contén a máis considerazóns e xuízos estéticos certamente mui interesantes. Sobre o gaélico e sobre a criazón literária en gaélico. Con razón (ou sen ela) dizia Tolkien que os autores dos vellos textos épicos irlandeses estavan realmente tolos.
Mais o texto contén a máis considerazóns e xuízos estéticos certamente mui interesantes. Sobre o gaélico e sobre a criazón literária en gaélico. Con razón (ou sen ela) dizia Tolkien que os autores dos vellos textos épicos irlandeses estavan realmente tolos.
Eu son irlandés, e os escritores irlandeses escrevemos en inglés, unha língua estranxeira. Non nos sentimos cómodos, miramos a linguaxe desde fóra. Cando leo Nabokov, de orixe rusa, entendo-o perfeitamente, porque tamén el escreve inglés desde fóra. Un autor inglés tenta que a sua prosa sexa fácil e transparente, seguindo o consello de George Orwell: o texto deve ser coma unha folla de cristal. Para min, para os irlandeses, non deve ser un cristal, senón unha lente capaz de aproximar, afastar ou distorsionar. Mire, vimos do gaélico, unha língua extraordinariamente evasiva na que non é posível dizer cousas directas. Non se pode dizer, por exemplo, "son un home". Haveria que dizer algo asi como "estou na miña homia". O gaélico é oblícuo e afasta-se continuamente do esencial, en tanto que o inglés é o contrario, vai directo ao tema. Esa tensón, nascida a meados do século XIX, cando deixamos de falar gaélico e adoptamos o inglés do império, xerou unha linguaxe nova e potente. A linguaxe de Wilde, Yeats, Shaw, Joyce, Beckett, distinto do inglés da Inglaterra, dos Estados Unidos ou da Austrália.
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial