Apalpando as palavras do salmom

28 fevereiro 2008

Shoogle!

Son unha das apostas máis inovadoras da música escocesa. E son-no desde há xa bastantes anos. Son escoceses e mestizos, eles. Radical Mestizo, que talmente se intitula un dos seus álbumes en directo. Cifran a renovazón dos ritmos e das sensazóns nunha ofensiva brutal das cordas: o violin, o bouzouki, as mandolinas, as guitarras, os banjos. Instrumentos que nun grupo folque adoitan ocupar posizóns recuadas, secundárias, comedidas inclusive, mais que eles converten en merecidos protagonistas dunha verdadeira "tolémia céltica", unha liña frontal de exército inquedo e guerrilleiro aliñada coas percusóns e os samplers do "sócio fundador" James McKintosh.
Mais avonda de tanta apresentazón. Falo-vos de Shooglenifty (neoloxismo inventado por eles mesmos a partir do anglo-escocés shoogle 'axitar-se, bulir, choutar'), e acaban de sacar novo traballo, Troots. Recorded in Scotland. Mentres non teño nas mans alguns dos temas dese disco, conformarei-me con compartir convosco este The Tamninorrie, unhas das pezas daquel xa algo afastado no tempo Venus in Tweeds que comocionou os alicerzes das músicas tradicionais e abriu a veda da reinvenzón e do experimental nestes eidos às vezes tan inxustamente trillados. Ninguén mellor ca eles para liderar ese asalto à modernidade; ninguén mellor ca uns músicos tan fenomenais capazes de derramar en cada melodia unha verdadeira enxurrada de vida, de axitada, explosiva e até nerviosa vida.
Se me permitirdes a melancolia, un ainda lembra o ben que soava esta pequena orquestra polas estradas de Vimianzo adiante, atravesando a fogaxe dun mes de agosto de há dous anos.
Que gostedes e, ante todo, que vos axiteis! Shoogle!

7 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Como para non gostar, estupendo video e mellor introdución. Como dixo un gran home "Chove para que eu soñe" e as veces é mellor soñar e evadirse do "mundanal ruído" e nada mellor para iso que a boa música.

quarta-feira, março 05, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

E digo eu... Era ben que foras actualizando, sabes? Ë que agora que se achega a Semana Santa hai que mirar de non estar en pecado, e a ti o da PREGUIZA...
Veña, unha aperta xalleiro-chairega!

quinta-feira, março 06, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Iso de que a preguiza é un pecado... non cho acabo de ter claro... Às vezes é-che máis ben unha virtude! Mais perde cuidado, que algo se me ocorrerá para ir tapando os oquiños deste blogue.
Unha aperta e até a vindeira feira da Feira do Monte! (ai, esas redundáncias chairegas!)

domingo, março 09, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

A preguiça é um bom jeito de perder amigos.

terça-feira, março 11, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Grande verdade é esta, mádia leva.

terça-feira, março 11, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Boa verdade che é. E, curiosamente, não sou a única pessoa a pensar isto da mesma pessoa.

Espero que essa pessoa após ler determinado correio com factos e cronologia se dê de conta do erradas de algumas omissões e asseverações.

Por certo, gostava mais do anterior desenho deste blogue :p

terça-feira, março 11, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Esperemos pois que asi sexa. Canto ao deseño, non é grande cousa e desde logo poderia perfeccionar-se muitísimo, mais a falta de tempo e a imensa burrámia que servidor exibe en temas cibernéticos explican a precariedade estética deste relanzo.
Como dizia o outro, "pobre mais honrado".

quarta-feira, março 12, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial