Fire in the fiddles
Velaqui un pequeno galano para a xentiña que frecuenta estes relanzos de rio máxico. Trata-se dun vídeo extraído do programa Trasatlantic Sessions no que podemos gozar da maxistral execuzón dos instrumentos tradicionais escoceses por parte dunha verdadeira congregazón de mestres no tema. Somente por dar uns nomes, reparai no gaiteiro, que non é outro que Martyn Bennett nos seus tempos de rasta-piper, ou no acordeonista, o mesmísimo Phil Cunningham (un dos fundadores da mítica banda Silly Wizard). O incandescente exército de violins que se axita até ao paroxismo xa é território à parte: Mairead Ni Mhaonaigh (vocalista de Altan), Aly Bain, Mark O'Connor... Pois nada, a desfrutar como ananos e Arú!
1 Comentários:
Mimá, Ulmo!Ti tes un domínio do "llutuf" que non é nin medio normal, eh!Porque hai que ver que xoias atopas...
Bótaseche en falta en primeira liña de fogo (ou de líng(h)ua, para entendermonos), pero intentarei resistir sen ti. Ora ben, apura, meu, que a liña esta tira de carallo para a esquerda,eh!
Marikinha! Intentei por todos os medios posibles (agora que o penso, por todos non, que igual algún barco dos do Gran Sol...)mandar para alá unha pedra de facer filloas (nin punto de comparación coas de tixola, onde vai parar...) para que aprenderan de vez o que é bo, pero tal e como está a seguridade aérea, a saber o que pensaban que era, hehe.
Un bikinho!!!
segunda-feira, janeiro 28, 2008
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial