Apalpando as palavras do salmom

18 dezembro 2007

Un caldeiro de boas lembranzas

Un non pode negar-lle nada aos amigos, e menos ainda a aqueles que coñezo desde há anos e cos que xa tiven ocasión de adentrar-me en aventuras e peripécias várias, que incluen desde improvisazóns musicais con gaitas invisíveis até viaxes à Castela profunda a bordo dun carro de alugueiro. Todo iso sen esquecer proxectos imaxinários e irrealizáveis, como o movimento Gheada Sen Fronteiras (GhSF), que, ainda ben, está a ser máis activo e influente do que muitos poderian esperar (e desexar!). Porque, benqueridos amigos, non pararemos até que a gheada chegue aos confins da Gascuña (perdón, Ghascuña!).

E se eses amigos se tomaron a moléstia de acompañar-me nun momento tan fermoso para min como foi o acto de entrega dos prémios Gz Crea, daquela calquer desexo que saia pola sua boquiña será acatada por min como unha orde inaprazável. Asi que, melancolismos e lirismos à marxe, aqui vos oferezo alguns dos testemuños gráficos daquela viaxe. Estas fotografias son produto da surpresa que me provocou encontrar-me cara à cara, entre camareiros que ian e viñan ateigados de licores e canapés diversos, cun fragmento do meu relato convertido en xigantesco panel. Panel que, por suposto, conseguin traer-me comigo a Santiago, o cal non significa que nestes momentos decore a parede do meu dormitório, senón a doutro que, na realidade, frecuento bastante máis... Non si, Rakeira?

Espero que isto último lle sirva como resposta ao Subcomandante Ghüilian Xallas, a respeito dunha pergunta recorrente que me leva formulando (directa ou indirectamente) desde aquel frio venres de Dezembro: E logho ao final... quen vai quedar co panel?

Era Cangas, território hostil, un 14 de Natal de 2007. O dia que descobrimos, extasiados, o invento do Quempahop.





6 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

Ohhhhhh!!!!!!!
Que bunito, tanto o post de hoxe coma os comentarios ao do outro día!!!!!!!!!
Pois que dicir????? En primeiro lugar, que eu tiven claro dende o momento no que aquel cabaleiro tan amable (e estirado a un tempo) cortaba o panel para a parede de quen ía ir, hehe. Moitas grazas por todos os momentos que grazas aos teus prémios levamos vividos, e tamén a Rakeira, que se uniu ao clú dos que recollemos prémios de páulix en decembro, agardamos que non sexa a última, pero, iso si, a poder ser que as obras de teatro sexan mellores, plis!!!!! Non conto moito máis, que a ver se che pirateo unha foto para o blog, pero antes de marchar, un último consello: Nenos e nenas, lembrade sempre que das autoestradas SÁESE POLA DEREITA (Grandísima Petarda Stúpida dixit, hehehehe)
Apretas e BKS 1000!

terça-feira, dezembro 18, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

iso do quempahop vai polo grupo Quempallou que tamén son do Morrazo...?

un saúdo

P.D. eu tamén son un namorado dos Wolfstone, teño catro ou cinco discos seus e mireinos en directo varias veces.

www.breo.blogaliza.org

quarta-feira, dezembro 19, 2007

 
Blogger marykinha disse...

Estas irreconocible nas fotos....

anyway... que esquencin eviarche o Christmas (pero tiven demasiados para enviar e no Royal Post fanme facer unha estatua!)

NOLLAIG SHONA DHUIT!

se se escreve asi... porque eu de Demien borracho pouco me fio!

Bicos

quinta-feira, dezembro 20, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Con efeito, amigo Breogain, o "Quempahop" é unha recente descoberta dos Quempallou; incluen-no no seu último traballo "Polo Aire", mui mui mui recomendável.
Por certo, Marykinha, a tua felicitazón está en gaélico fetén, asi que tranquila. Boas festas para ti tamén!

quinta-feira, dezembro 20, 2007

 
Blogger marykinha disse...

galeico feten????

A ver se algun me explicas o significado de feten, qe xa e a segunda vez que cho oio e ainda non sei moi ben que queres decir!!!

A minha postal de nadal tela no meu fotolog, se ainda te lembras de por onde anda!

Bicos

quinta-feira, dezembro 20, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Olá Paulix! Os meus parabéns e obrigado... por não me convidares :(!!?

segunda-feira, janeiro 07, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial