Apalpando as palavras do salmom

25 setembro 2007

E Bretaña latexou no corazón de Lugo (e III)

Eis aqui a derradeira memória daquel magnífico concerto de Alan Stivell. Trata-se do primeiro dos muitos bises que o xenial músico tivo a ben oferecer-nos, nesta ocasión fazendo vibrar a gaita alta escocesa, ese instrumento que desde há décadas forma xa parte imprescindível da música tradicional bretoa sob o nome de binioù baz (en contraposizón à "gaita vella" ou binioù koz, pequena, estridente e arcaica, mais capaz de produzir sonoridades inigualáveis cando se xunta cunha bombarda). A peza á Morrison's Reel, unha das clásicas do repertório de Stivell e que forma parte dun set máis amplo de pezas tradicionais irlandesas que versionou no seu álbume Again. Máis unha vez, que gostedes!

12 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

e digo eu que haberá que ir renovando o blog, non? Eu xa sei que legalmente isto se renova cando se quere (senón que mo digan a min) pero é que non nos podes deixar orfos Ulmo, que a túa sabedoría bloguística volva sobrevoar estas terras, porfa!!!!!!!

quarta-feira, outubro 24, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

parabéns polo blogue, eu tamén son un namorado de Breizh e da musica bretona, levo unha chea de anos pensando en ir aló, a biniu koz, a bombarda, a música de Alan Stivell ou de Tri yann...magníficos, sublimes.

un saúdo e feliz aninovo celta

breogain

quinta-feira, novembro 01, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Graciñas, Breogain. Xa procurarei ir colgando máis amiúde algun que outro vídeo de Alan Stivell (mais non só), para podermo-nos seguir extasiando co auténtico xénio "brezoneg".
Feliz Samhain para ti tamén. Kenevò!

sexta-feira, novembro 02, 2007

 
Blogger marykinha disse...

Hello!!!
What's the crack?

Nada parviño, que estou en compos con ganas de darche un pequeno agasallo que che trouxen das Irlandas e non apareces por nengun lado...

Esto eche unha porquería....

Bicos

sexta-feira, novembro 02, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Espero, Maire Ni Saa, que o da "porcaria" non vaia polo mestre Alan Stivell, porque nese caso terei de fazer-te desaparecer do mapa :-P (é por brincar, evidentemente).

sábado, novembro 03, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

mmmm isto xa se está volvendo Gangs of Santiago de Compostela...

domingo, novembro 04, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Non provoques, Raqueira, que ben sabes que a nosa imaxinazón é facilmente excitável, e en menos que canta un galo e se afunde unha cidade somos ben capazes de argallar a versión autóctone de GANGS OF NEW YORK, de CAMIÑO À PERDIZÓN, d'O PADRIÑO e de calquer filme que nos boten à cara... non cres?
Polo de agora, unha proposta: Roberto McCalvo poderia ser o chefe da máfia barbanzá en Niu Yor... que entra en irremediável conflito coas bandas chairegas que comezan a agromar pola perfiéria... O conflito está servido... Só falta o león de Afonso IX... ;-)

domingo, novembro 04, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Uis! non chames polo león q xa sabes q so mentalo xa se producen desfeitas: q xa estou vendo a sr dos dolores coa metralleta ben cargadiña e o coro de toxos e flores como banda sonora do devandito filme, q como xa sabes remta co león tunero atropelando a doída e chiscando o ollo no seu BMW deportivo descapotábel

domingo, novembro 04, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Xa...
E supoño que a baballa de cosco (e ollo! as sudes de hipopótamo!) farán o resto.
Un bico, que procurarei dar-che persoalmente ;-)

domingo, novembro 04, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

jejeejej
o hipopótamo da moito xogo, mais teremos de ver se el tamén sofre de caries de nivel 3 ou nn

P.D. agardando polo bico prometido ;p

domingo, novembro 04, 2007

 
Blogger ghuilianxallas disse...

Hei!!!!! Quen é o que está aquí mirando de facer unha peli sen min? Se seredes... Xa sei que dende o da cara azul quedei algo encasillado e xa só me queren para anuncios de Gadis, pero un pouco de compaixón, ou? Veña, que que pode haber máis interesante que verme a min no capó do bmw ese berrando: Poderán quitarnos a priba, pero xamais nos han quitar... "O noso queloutro"!!!! (apréciese a adaptación da "Cosa nostra", hehehe).
E agora, que o traballo é o traballo, eu ao meu: Vivamos como galegos!!!!! hehehehe.

quarta-feira, novembro 07, 2007

 
Blogger marykinha disse...

O da porcaira non ia polo video, ves como non me prestas atencion.... eu cando me queixo dunha cousa no adoitoa queixarme de duas cousas ao mesmo tempo!!!

Tenho boas ou malas noticias, chegou o frio e xa chove (e diras ti, e onde esta o bo e o malo!) polo que xa estou na propia irlanda e merda, non tenho tanta roupa de abrigo para pasar aqui un aninho!!!

Tinha o proposito de comezar a facer deporte e onte, xusto cando saio da casa para correr, caeu un chaparron dos que fan hisotoria, con lostregos incluidos e decidin quedar na casa, mirando para o fireplace e baixando a todos os santos porque non tinha carbon nen madeira para poder acenderla (e non ia baixar ao super para mercala porque a bolsinha de marras pesa 25 kg!)

Ah e para o teu filme autoctono, proponho para o papel do Padrinho a minha nai, que chico, co conto de que ten permiso de armas anda paseandose moito por diante de Toribio ultimamente e dame medo!!!

Antonte fun de cea co mozo de Amelie (que currinho o rapaz, parece mentira que sexa o que e!), con Amelie e con Ivonne!

Rematei os chicharrons e estu de baixon!

Sintoo polo post tan largo

P.D. Actualiza!

quinta-feira, novembro 08, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial