Rouco mar no Roncudo
Aló por Marzo de 2006, o camarada Avel Turnes, por nome de guerra Subcomandante Ghüilian Xallas, e mais servidor emprendemos unha curta mais fascinante viaxe à Costa da Morte. O motivo era un traballo que me encarregaran no doutoramento sobre léxico mariñeiro. Ainda que o groso do vocabulário recollemo-lo en Laxe e Muxia, a nosa pescuda levou-nos por outros recunchos dos que deixamos constáncia en fotografias e vídeos coma este.
Aqui vedes o mar fero do Roncudo, en Corme. A mañá erguera-se cun violentísimo temporal que case nen nos deixava andar polas ruas da pequena vila, esteticamente ancorada nos grisáceos anos 50. Mais é en dias asi cando un entende que nestes lugares habitan as sensazóns máis obscuras e remotas; e tamén, paradoxalmente, as raizes máis fundas da vida.
A calidade non é excesivamente boa, recoñezo-o. Mais aprécian-se os ferozes tombos, as ásperas penedias, ese ermo granítico debruzado sobre o Atlántico. Tamén o faro branquísimo, case temerário na sua quietude. E o Subcomandante, heróico coma decote, tentando prender un cigarro no fragor da trevoada...
A calidade non é excesivamente boa, recoñezo-o. Mais aprécian-se os ferozes tombos, as ásperas penedias, ese ermo granítico debruzado sobre o Atlántico. Tamén o faro branquísimo, case temerário na sua quietude. E o Subcomandante, heróico coma decote, tentando prender un cigarro no fragor da trevoada...
2 Comentários:
Mima!!!! é lembrar ese día e vírseme as bagullas aos ollos, non só polos gratísimos momentos, senón polo que petaba o aire, carallo para el. Aínda así, valeu ben a pena, e vídeos coma este e máis un "travelling en curvas" gravado máis ou menos uns cinco minutos despois demóstranos.
Moito aprendemos aquel día do vento, moito aprendemos aquel día do mar e moito aprendemos aquel día dos que o doman, dominan e xogan con el unha partida de xadrez na que unha xubilación en terra é un xaque-mate, a supervivencia a un naufraxio é recuperar a reina cun peón. Así pois, se a canción propia para o último comentario do post anterior era Ninguén/Quempahop (pola defensa da terra) a deste, e non é coña, debe ser Que chova! que era o que nós pensabamos aquel día. Saúdos e agardo o pago dos dereitos de imaxe, hehe. A ver se os de Aisge pasan de ti, que senón, a pagar coma un banco!
quarta-feira, agosto 29, 2007
inclúo unha canción de quempallou máis para o post este, que parezo parvo para non darme conta antes: Levados do mar!
quarta-feira, agosto 29, 2007
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial