Apalpando as palavras do salmom

05 setembro 2007

E Bretaña latexou no corazón de Lugo (II)

Era Maio e na Praza de Santa Maria un homiño silencioso e miúdo saíu ao cenário e fixo-lle falar à sua harpa. Dizian os músicos irlandeses que un bon harpista tiña de dominar como ninguén tres estilos cos que conseguir tres reaczóns distintas dos seus ouvintes: o pranto e a tristura, a ledícia e a gargallada e, finalmente, a necesidade de moveren-se e danzar. Alan Stivell adentra-se nas tres técnicas coa naturalidade coa que o salmón remonta os rios fundísimos e inzados de perigo e acada o descanso luminoso do mar.
Alan Stivell diante de nós, convertendo a pedra en madeira estremecida de carvallo e fazendo que o corazón de Lugo, nebuloso e preguiceiro de seu, vibrase durante algo menos de duas horas con ritmos de fes noz. Alan Stivell reinventando cada melodia desde o metal e o delírio, entre frautas vagorosas e indómitas percusóns.
Unha experiéncia para gardar na arca das memórias impagáveis.

4 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

sen comentarios
tres posts de gardar!

quarta-feira, setembro 05, 2007

 
Blogger ghuilianxallas disse...

a ver preguiceiro!! Como nos podes ter tanto tempo sen gozar da túa infinita sabiduría bloguística!!! Renovación Xa, ou mobilizacións á vista, hehehe

segunda-feira, setembro 17, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Olinhas!

Esta fin de semana, posiblemente vaia a un concerto celta en Newgrange (ou iso me dixeron), de ser asi, prometo gravalo e colgalo no youtube para que poidas facer uso del.

beijos

quarta-feira, setembro 19, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Agradecerá-se!
Newgrange = Brugh Na Boyne.

quarta-feira, setembro 19, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial