Sí Do Mhaimeo Í
Oferezo-vos hoxe un deses pequenos tesouros que nos regala de cando en vez a tradizón musical dos amigos irlandeses, fundísima coma un pozo, vivificadora coma unha galerna. Nesta ocasión xuntan-se as dotes instrumentais de Donal Lunny (sobran as apresentazóns, non si?), a inspirazón de todo un John McSherry nas uileann pipes e os labirintos vocais de Liam O'Maonlai, cantante de Hothouse Flowers.
Liam O'Maonlai pode ver-se como un cantante atípico, pois, se ben a sua banda explora os territórios quizá xa un tanto rutineiros do pop moderno, el, como músico, adoita obsequiar-nos con brillantes incursóns nos vellos estilos musicais da illa, nomeadamente o sean nòs (literalmente, "vello xeito"), acadando nel cimas só ao alcance de grandes mestres doutrora como Seosamh Ò hEanaì ou Roise Bean Mhic Grianna. Algunha amostra disto deixaremos por aqui nos vindeiros dias. Polo de agora, escuitai esta peza tradicional, Si Do Mamoí ou Sí Do Mhaimeo í, obxecto de inúmeras versóns e que nos fala dun motivo terribelmente antigo, humano e, por suposto, choqueiro onde os houver: o matrimónio entre Sean Seamais Mhoir e Maire Ni Chathasaigh, ou para nos entendermos en román paladino, entre un señoriño ancián e podente e unha rapariga nova e pobriña...
Sí do mhaimeo í, sí do mhaimeo í
Sí do mhaimeo í, cailleach an airgid
Sí do mhaimeo í, ó Bhaile Inis Mhóir í
'S chuirfeadh sí coístí ar bhóithre Cois Fharraige.
Dá bhfeicfeá' an "steam" fhabhail siar Tóin Uí Loin'
'S na rothaí 'ghabhail timpeall siar ó na ceathrúnas
Chaithfeadh sí 'n stiúir naoi n-vair' ar a cúl
'S ní choinneodh sí siúl le cailleach an airgid.
'Measann tú, 'bpósfa, 'measann tú 'bpósfa
'Measann tú 'bpósfa, cailleach an airgid?
Tá's a'm nach 'bpósfa, tás a'm nach 'bpósfa
Mar tá sé ró-óg 'gus d'ólfadh sé'n t-airgead.
'S gairid go 'bpósfaidh, 's gairid go 'bpósfaidh
'S gairid go 'bpósfaidh, beirt ar an mbaile seo
'S gairid go 'bpósfaidh, 's gairid go 'bpósfaidh
Séan Shéamais Mhóir agus Maíre Ní Chathasaigh!
2 Comentários:
Ten a súa coña, non? O que se cantaba en moitas vodas do norte (de Galicia) era a mesma a historia, pero ao revés e cun ritmo ben parecido:
E quer que lle quer
e quer que lle quer
e quer que lle quer
que lle faghan a cama.
E quer que lle quer
e quer que lle quer
e quer que lle quer
que lla faghan ben alta
Xesús, Xesús que demo de vella!
Xesús, Xesús, que cousiñas ten!
Quer que lle quer
que lle faghan a cama
e quer que se deiten con ela tamén!
En fin, que os vellos non deben de namorarse. E non estaba mal unha tradución deste tema, que lle coñecemos aos Chieftains de hai... tempo.
sábado, fevereiro 09, 2008
Exactamente, o motivo é antigo coma os camiños e resulta curiosa esa coincidéncia que tan ben sinalas. Por certo, unha canzón esta de "Quer que lle quer" que coñeceu muitas versóns na nosa música, algunhas tan... charramangueiras coma a de Juan Pardo; outras algo máis dignas (embora instrumentais) coma a de Fia Na Roca.
Eu tamén coñecin "Si Do Mhaimeo I" através de The Chieftains, e reencontrei-na depois na formidável voz de Liam O'Maonlai nunha versón en directo de "The Hothouse Flowers" que adoitava emitir Ramón Trecet en "Diálogos 3". Por iso foi tan grato descobrir este vídeo nos lares youtubescos!
A traduzón non há de demorar muito, tranquilo! Usurpando-lle unha desafortunada frase a un non menos desafortunado "caudillito" do pasado século... estamos a traballar niso.
segunda-feira, fevereiro 11, 2008
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial