Apalpando as palavras do salmom

24 abril 2008

Brillante Weblog 2008... vaites, non sei que dizer!

Parece incrível, mais é certo. Este cativeiro relanzo habitado por un vello e saudoso salmón de terra adentro ten amigos e seareiros capazes de lle concederen un galardón tan fermoso como o "Brillante Weblog 2008". Insisto, parece incrível. Mais é certo. E hai que lle agradecer o detalle non aos membros da Académia (non ho!), senón a un home bon, sincero, intelixente e, ante todo, aragonés do corazón à cabeza. Chama-se Chesús, ainda que el prefire alcumar-se Innisfree, de apelido 1916. Non pode haver, certamente, nome máis poderoso e evocador para xentes da nosa caterva, filoirlandeses como somos até a medula, gostosos de enchoupar de cando en vez os lábios na máxia d'O Home Tranquilo de John Ford e na rebeldia irredenta daqueles homes de Páscoa de 1916, sedentos de xustiza e república. Pois nada, Chesús, go raibh míle maith agat! Graciñas mil e sempre adiante!
Mais, como nengun prémio nen galardón é de balde senón que sempre implica un algo de responsabilidade, vexo-me na obriga de nomear para o "Brillante Weblog 2008" outros cíber-relanzos salientáveis polos seus diferentes atractivos. Pois aí vai logo! The winners are...

-INNISFREE...
Como non! O blogue do camarada Chesús foi, desde o comezo, coma un camiño mui vello e mui fermoso que atravesase os corazóns todos do Éire, esa xóia tan xenuína, desmesurada e contraditória sen a cal, certamente, non poderia explicar-se nen an Fianna nen nada do que son e fago. Mais é que, ainda por riba, o blogue é, esteticamente, unha pasada!

-CIBERGAITEIRO, a casa sempre aberta e cálida do Subcomandante Xallas, ou Ghüilian Xallas, que tal é o seu nome de guerra inteiro e verdadeiro a todos os efeitos. Un auténtico festival da palavra, e un acougo mui sabedor para quen procure esoutra cara da Galiza agro-friki ou como quixerdes chamar-lle. Que, se ben as etiquetas resultan sempre escasas por definizón, muito máis o son no caso deste membro fundador de Gheada Sen Fronteiras e Linguistas Irritados Con Razón (LICRa), reivindicador do koala autóctone e, ante todo, amigo de muitos anos e co-criador de non poucas andrómenas. Vai por ti, Avelix!

-BREOGAIN, a imprescindível conexión pontevedresa. Há pouco que nos coñecemos, mais descobrir o seu blogue sobre Ponte Vedra foi unha das experiéncias máis agradáveis que me deparou a miña militáncia blogueira. Claro que, na realidade, no seu blogue cabe de todo, como corresponde a unha persoa de xénio inquedo e afouto como é este tocaio do noso chefe celta (ou castrexo?) por antonomásia, pai de Ith e secundário de luxo no noso hino nacional. Un saúdo para a Boa Vila, meu!

-TEAMHAIR, un dos muitos blogues que encontrei grazas a Innisfree. Irlanda pura e dura, con imaxes estremecedoras e dunha poesia difícil de superar. Como as dedicadas a Croagh Padraic. Unha marabilla para pasar horas absorto perante a pantalla...

-O PATAQUEIRO DE OURO, por outro nome Señor Mon, que sempre foi de mar e sempre foi asi, que é, por outro lado, como hai que ser... Si, de acordo, que o seu blogue ainda está en cueiros, embrionário, en estado incipiente... O que quixerdes. Mais non me iredes negar que, vindo de quen vén e fazendo-o quen o fai, non poden esperar-se máis que cousas bonitas e xeitosas deste
Caderno do Correo Vello. Asi que este prémio é, máis ca nada, para que o amigo Mon se anime a seguir coa sua bitácora e a vaia arrequentando, por exemplo, con disquisizóns sobre a primeira declinazón, que nunca pasan de moda

-IMAXES DA COSTA DA MORTE, un blogue sinxelo mais cuxa temática, como entendereis, toca-me (e muito) na fibra sensível. Máis ainda cando alguns dos lugares glosados nesta páxina forman parte das miñas memórias máis agarimadas.


Bases do concurso:

· Ao receberes o prémio, tes de escrever un post mostrando o prémio, citar o nome do blogue ou web que te agasalla con el e ligá-lo ao post dese blogue ou web que te nomea gañador.

· Elixir un mínimo de sete blogues (poden ser máis) que creas que salientan pola sua temática e/ou o seu deseño. Escrever os seus nomes e as ligazóns a eles.

· Avisá-los de que foron agasallados co prémio “Brillante Weblog”.

*Opcional. Exibir o prémio con orgullo no teu blogue fazendo ligazón ao post que ti escreves sobre el.




5 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

emocionadas verbas as túas amigo Ulmo, graciñas pola mención e o premio para o meu blogue, un proxecto persoal que ten xa perto dun ano de vida, no que como ti ben dis falo de Pontevedra e de calqueira cousa que me pete, faltaria máis...!!

Un saúdo afectuoso dende A boa vila, prometo falar do premio no meu blogue en canto teña un oco.

Un saúdo blogueiro, castrexo ou celta...quén sabe !!

segunda-feira, abril 28, 2008

 
Blogger Pau disse...

Grazas polo que a min me toca. Encheme de ledicia o saber que disfrutas vendo as fotos da nosa Costa da morte

segunda-feira, abril 28, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Go raibh maith agat, a Phól.
Pero... (siempre hay un pero)... no me puedes premiar porque ya he sido premiado. Además, eso de premiarnos mutuamente queda feo. ;)
Premio bien merecido el tuyo.
Saúdos,
Chesús

terça-feira, abril 29, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Vaia, Chesús, non coñecia eu esa condizón do concurso! En fin, qué se lle vai fazer. Polo menos deixei constáncia da miña admirazón por ese recuncho que fuche criando para Irlanda desde o teu querido Aragón.
Un saudiño

terça-feira, abril 29, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Muchísimas gracias por considerar mi blog para otorgarle este premio... estoy muy agradecida por ello, sinceramente no creo merecedora de ello, pero tengo que reconocer que me da mas animos para seguir.

Muchísimas gracias

domingo, maio 04, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial