Apalpando as palavras do salmom

17 abril 2008

Urogalos na trevoada (lóstregos de benvida!)

Ainda estando como estou terribelmente desconectado das notícias musicais de todo tipo, alegra-me ver cómo muitos dos meus grupos máis queridos e admirados van sacando traballos novos que non fan máis que pór-me os dentes longos. É o caso de Capercaillie, verdadeiros deuses do folque escocés e pioneiros en arrechegar os ritmos e códigos do pop contemporáneo à fogueira dos vellos saberes musicais das Highlands. Até que chegaron eles e arrasaron coa sua proposta, non era certamente doado encontrar grupos que se atrevesen a botar-lle un pulso às estreituras mentais imperantes na música celta. E, se os havia (que os havia, efectivamente), non tiveron a fortuna de triunfar comercialmente do xeito tan esmagador en que o fixeron estes urogalos sempre dispostos a dar no alvo da inovazón sen renunciar aos doces zumes da emozón. E isto, ainda que non o creades, é muito máis difícil do que parece.
Sacan, pois, os Capercaillie un novo proxecto, Roses and Tears, que polo que puden ler por aí adiante, mantén ou mesmo eleva o listón de traballos anteriores. Non é de estrañar. Unha banda que xunta baixo unha mesma arela musical nomes como os de Karen Matheson, Michael McGoldrick, Manus Lunny ou Donald Shaw non pode menos que parir xóias coma esta que se aviziña.
Por certo, amantes da música celta, folque e tradicional (o incórdio das etiquetas "politicamente correctas" é a sua infernal lonxitude!), teño entendido que en breve volverán à cena musical os reis do folque irlandés actual, Lúnasa. Mais iso, se Deus quixer, será matéria para un outro post. Polo de agora, deixo-vos con este vídeo tirado dun concerto que oferecera o gaiteiro galego Budiño haverá cousa de dous ou tres anos en Vilagarcia da Arousa (se mal non lembro, que a neve, como diria Cunqueiro, segue a tapar devagariño as pedras e as árvores todas...). O tema que interpreta, Lóstregos, pertence ao disco de apresentazón do gaiteiro moañés, aquel xa afastado e un tanto inxénuo Paralaia. Mais o certo é que esta versón refai o tema desde os próprios alicerzes do mesmo. E, para esta reconstruzón tan sabedora como violenta, que mellor que a achega de tres dos pesos pesados de Capercaillie? Con vostés, Michael McGoldrick (frauta), Dezi Donnelly (violin) e Donald Shaw (acordeón).
Que lostregue ben, e que se anegue o mundo! (ainda que, segundo notícias frescas do Subcomandante, alá pola miña terra pouco lle falta...)
Arú!





4 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

fantásticos or Capercaille, eu somentes teño un disco deles, o "Delirium" pero é fantástico, o meu tema preferido a "Cape breton song", unha fermosura de voz a de Karen Matheson e unhas fantásticas melodias exquisitamente compostas, agora mesmo estou a escoitalos no pc, graciñas por me lembrares a súa música que tiña arrinconada nun montón de cedés...

Un saúdo dende Pontevedra

quinta-feira, abril 17, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Breo, alegro-me de que esta pequena achega servise para que recuperases o contacto con estes xénios! Eu a verdade teño muita discografia de Capercaillie. Se quixeres algun disco en concreto, pide por esa boquiña jejejeje.
Recomendo-che un traballo, "Glenfinnan", todo a base de canzóns tradicionais do s. XVIII, de cando as revoltas xacobitas da Escócia contra os ingleses. Unha marabilla.
Saudiños desde a chuviosa capital da Nazón!

quinta-feira, abril 17, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Ulmo!!!!!
Por aquí, a túa terra, andamos a cantar iso de "polo rio abaixo vai..." pero o caso é que van as troitas, os cabalos e o que faga falta, que mimadriña como chove!!!

Agardo teñas presente que ficamos combinados (non me digas que non soa moitísimo mellor en reintegrado, eh, con ese "combinados" do final que fai referencia a comercios e "bebercios"...) para o domingo... Recémoslle a algo/alguén para que non chova tanto e se chove... Quen dixo medo habendo hospitais e quen dixo frío habendo viño, hehehehe!

sexta-feira, abril 18, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Como dizian os romanos (polo menos os d'A vida de Brian), "Combinatus sumus" ;-)

sexta-feira, abril 18, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial