Apalpando as palavras do salmom

19 março 2007

O meu amor (e 3)

Fozando entre os papéis vellos (grazas a Deus, ainda non balorecidos de todo) que armazenei co paso dos anos nos caixóns e andéis do meu dormitório, puden reencontrar un artigo de Jean Markale ao que teño especial aprezo. Trata-se de "A poesia dos celtas", unha das achegas que conforman a sua miscelánea Os celtas, obra de leitura obrigada para xentes apaixonadas coa cultura tradicional destas vellas Europas atlánticas.
Ao longo de escasamente dez páxinas, Markale debulla e ilustra algunhas das características máis salientáveis do xeito poético celta (irlandés e gaélico, máis ben, pois a presenza do xénio galés neste artigo brilla pola sua auséncia). Aí está todo: a desmesura, a contradizón, a hipérbole, a representazón da simultaneidade e complexidade do mundo, a esmerada atenzón à imaxe... En definitiva, a maneira en que os vellos bardos irlandeses souberon dar-lle aos seus versos a vida marabillosa e surreal que presentian ao seu redor e latexava no seu maxin. A vida de Cu Chulainn, de Finn, de Bran, de Myrddin, de Taliesin... Como non, o amor formava parte desa vida. E parte mui substancial. O amor, ou é absoluto ou non é. Asi o explica Markale:

O amor visto polos fili non é unha doce ensoñazón nen un acto sexual. A concepzón gaélica do amor (concepzón céltica, ousaria dizer, ainda sen encontrarmos nengun exemplo deste tipo entre os galeses) aproxima-se bastante da dos tebanos, coas suas prolongazóns cara ao infinito. Unha fatalidade irremediável pesa sobre a parella; o amor é unha fervenza desbordada, non coñece freos, é feroz e absoluto. Existe aí un erotismo latente que só pode expresar-se co sangue, pois todo é tráxico, todo conduz a unha morte violenta. O instinto de "morte e sexualidade" encontra-se ilustrado na poesia gaélica muito antes de Freud e a sua escola. E o carácter de fatalidade está ainda máis acentuado por eses encontros efémeros de seres que non poden amar-se plena e livremente por mor das circunstáncias, mais que nas suas diferentes migrazóns se procuran desesperadamente. Trata-se, xa que logo, de "eternos retornos" [...]


3 Comentários:

Blogger marykinha disse...

Ola!!

Gústame ese artigo... non sei, lémbrame un pouco a historia de Selene e de Endymion.

Importache se cho "collo prestado"??

Bicos

quarta-feira, março 21, 2007

 
Blogger Germánico disse...

¿An Fianna?
Como ha cambiado el gallego desde la Normativa de la Concordia.

quinta-feira, março 22, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

pois non sei de q m estas falando pro... ala ti

sexta-feira, abril 13, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial