Trava
É mágoa que nesta cativa foto non se perceba realmente toda a grandeza e solenidade desta praia de Trava. Acai-lle ben o nome, certamente. Unha távoa. Unha chaira longal e silenciosa que se estende desde a estrada de Vimianzo até a boca mesma das ondas. Noutrora toda esa estensón estava coberta de mar, mais chegou o dia en que baixou o nível dos oceanos e todo ficou a céu aberto. Entón nasceu a lagoa, e tamén a praia de area branquísima que admirou Pondal. Ainda que un gostaria de pensar que, na realidade, tamén os millos e a igrexa barroca e os homes que habitan e soñan os camiños de Trava ficaron ese dia a céu aberto, que cousas piores ou máis marabillosas se teñen visto, e se non que pergunten en Perros-Guirec, aló na Bretaña, que outro tanto lles pasou. Coñecemos Trava batida polo vento, e cando provamos as ondas soubemos realmente o que era sentir carambelos apegados ao corpo todo. Os tombos xélidos envolvian-nos e pasavan sobre nós nunha luita desigual mais vivificadora.
Un enchoupa-se en Trava ali desa doce sensazón de saber-se remoto, case pétreo. Depois souben que mui provabelmente sexa esta a Trava que lle deu apelido à casa nobiliária máis poderosa da Galiza altomedieval, a dos fundadores de Toxos Outos, a dos titores de Afonso Imperator Hispaniarum.
E certamente há muitas Travas na Galiza, mais nengunha tan acaída para criar nobreza e fermosura coma esta de Laxe.
2 Comentários:
Seguro que a Virxe de Guadalupe cando andaba descalciña pola beira camiñaba por unha praia como esta!
Ala, que te sexa leve!!
Bicos
quinta-feira, outubro 26, 2006
A Virxe de Guadalupe? É posível, ainda que non logro visualizá-la por estes areais tan remotos, tan amiga como é do "pao de naranxo" e demais delicatessen ;-)
quinta-feira, outubro 26, 2006
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial