Apalpando as palavras do salmom

24 outubro 2006

Poderio, forza, grandeza

Asi se traduziria o nome gaélico deste grupo, Comas. O vídeo non é da sua actuazón en Sás, senón dun concerto en Londres, pero vale-me igual. A vigorosidade con que atacan cada nota e a pulsazón frenética dos ritmos veñen sendo os mesmos que nos fixeron choutar naquelas paraxes de Soneira. Quen ia dizer que houvese un grupo capaz de quitar-lle protagonismo aos idolatrados Lúnasa? Pois si, meus señores, hai-no.
É mágoa que non se vexa neste vídeo o percusionista. Un tipo peculiar. Tocou durante todo o concerto de perfil cara ao público (un perfil cómico, agora que o penso, mui parecido ao de Cándido Pazó, se o subcomandante está a ler estas letras). Absorto, como mergullado nos latexos do bodhran e o darbooka e o tamboril. E cando se puxo a cantar aquela vella canzón de amor irlandesa, arisca e esperanzada a un tempo como todas esas cantilenas gaélicas...
Pois aqui os están. Comas.

1 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Levitra is an erectile dysfunction (ED) prescription medicine. Those who are taking nitrate drugs, often used to control chest pain, should not take Levitra. Such combinations could drop blood pressure to an unsafe level. http://www.levitrabliss.com/

quinta-feira, dezembro 25, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial