Reaparecendo (máis unha vez) ou De profundis
Guten Tag. Aqui estamos. Máis unha vez. Depois dunha prolongada asuéncia somente xustificável pola falta de tempo e a escasísima produzón intelectual. Un período durante o cal o Subcomandante Uz, chefe das hordas nórdico-chairegas que ameazan con sepultar a brillante civilizazón santiaguesa en cascallo e lusismo, non se cansou de insistir, reinsistir e reconstrainsistir en que recuperase dunha fucking vez este espazo de cultura alternativa e gastronomia imposível chamado... como era? ai, si: an_fianna.blogspot.com.
Que podo fazer con este blog? Que podo fazer agora que case nen saco un segundo para respirar tranquilamente mentres observo a decadéncia da névoa polo Pedroso abaixo? Quizá o máis doado e imediato sexa colgar (dependurare, en xerga xalleira) algunhas fotos e alguns vídeos que quizá cámbien o rumo da nosa microhistória. Ou quizá (sexamos modestos) somente sirvan para atizar o fermoso lume da lembranza. O que nos quenta e nos salva.
Máis nada. Espero que isto non fique nunha simples anedota e que o salmón máxico e nocturno reapareza vencendo as correntes de cada dia. Vielen Danke pola vosa atenzón.
1 Comentários:
Tanto tempo levas fora que não lembras que a tua URL leva um "an-fianna" e não "an_fianna"!?
Aiiiii!
NOTA: ubrigado pola deferência, meu ;-)!
domingo, outubro 22, 2006
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial