Ecoan músicas en terra de Urticaria
Gostei do titular con que anunciavan a notícia do exemplar de La Voz de Galicia de onte mesmo: "Ortigueira enche de sons celtas o vello corazón do Atlántico". E é que máis un ano chega o festival de todos os festivais, digan o que dixeren os informativos das cadeas estatais, que teiman en ignorar o que ocorre cada mes de xullo en Ortigueira e prefiren San Fermins, Castelos d'Ainsa e temas polo estilo. Eles o perden.
Chega, dizia, Ortigueira, e fai-no acadando xa a estremecedora cifra dos 30 anos, algo certamente inusual en eventos deste tipo (cando menos no que a este arcaico Noroeste se refire). E iso sen ter en conta que o festival deixou de celebrar-se durante uns cantos anos, alá pola nuvosa e difícil década de 80, cando ainda eran relativamente poucas as greas de xente que se achegavan até a serra da Capelada na procura de sons de raiz. Era a época dos hippies, os antecesores desa tribo de gaiteiros improvisados e bebedores de litrona que pululan ainda hoxe polos nosos festivais de verán, nunha espécie de raza primixénia e imposível de erradicar: o homo festivaleirus quimicamente puro, que apanda con todos os concertos até ben entrado o dia, e fai-no, a ser posível, axitando durante horas e horas unha bandeira que ben pode ser a galega, ainda que nestes casos tampouco lle fazemos ascos à escocesa, a irlandesa, a bretoa ou (que recoiro! un dia é un dia!) a asturiana. Mentres vaia acompañada da sua cervexiña ritual, calquer bandeira serve.

En fin, que vén Ortigueira, e fai-no recuperando os mananciais clásicos dos que abrollaron as primeiras músicas. Pois este ano o programa aposta sen lugar a dúvidas pola veterania e os estilos fundacionais. Aí están, por exemplo, os míticos The Dubliners, unha espécie de versión falcatrueira e furancheira dos The Chieftains e que levan xa algo máis de 40 anos rulando polos cenários de todo o mundo. Supoño que traerán unha lembranza especial para o seu cantante, Ronny Drew, que anda a luitar contra o cancro e ao que xa lle brindaron algunha que outra homenaxe. Seguirán-lle os escoceses The Boys of the Lough. Ainda que chamar-lles escoceses é ficar curto, pois na sua formazón inicial cada un era da sua casa: irlandeses, escoceses, canadianos e ingleses. Todos aliados e ben avindos na procura dun son perfeitamente recoñecível e certamente delicioso.
E tamén desde a Irlanda atracarán no peirao ortegán os Moving Hearts, que non há muitos meses viñeron a Vigo. É a banda do virtuoso e xenial Davy Spillane, ese que no seu dia ousara entroncar as melodias de uillean pipes con ritmos tan fundamente americanos como o blues ou o country, por exemplo (recomendo-vos o seu álbume Atlantic Bridge, unha marabilla nesta liña). Mais en Moving Hearts estavan tamén Christy Moore e Donal Lunny (que chegaron desde Planxty), o baixista Eoghan O'Neill (colaborador nalguns temas de Carlos Núñez, entre eles o celebérrimo O Pozo de Arán) e outros. Con eles, o folque comezou a entender-se mellor co jazz e o rock, por exemplo, e é a partir deles que se explican xeitos e sonoridades como os de Riverdance ou Afrocelts, entre outros. Mais non somente de clásicos vive o home. E por Ortigueira pasarán tamén a nosa Uxia e os nosos Xochilmica (mui recomendáveis, xa os escuitei en latexante directo na Carvalleira de Zás de há dous anos), a National Youth Pipe de Escócia, os bagadou bretóns, as finesas Värttinä (sen as cais serian difíceis de entender grupos como os actuais Faltriqueira ou Ialma, por exemplo), o castelán Eliseo Parra ou os extravagantes 17 Hippies desde a Alemaña. Que o Atlántico é amplo de avondo, e as vibrazóns do mar estoupando contra ásperos cantis ben poden senti-las por igual un bretón, un checo ou un turco da Anatólia. Por exemplo.
En fin, que ainda que servidor non irá a Ortigueira, sempre gosta de recomendar-lle a cantos len estas letras que se acheguen até alá nestes dias. A masificazón é, certamente, un problema. Mais existen compensazóns. Ortigueira xa non son somente concertos. Son actividades de dia e de noite, exposizóns, monicreques, músicos de rua, terrazas... Cousiñas que, sumadas, fan que pague a pena.
Que comece pois a música e lumeeee!!!!!
PD: Para amostra, un botón. Aqui vos deixo o tema máis emblemático de Davy Spillane, ese Midnight Walker que ainda hoxe comove. As imaxes do vídeo refliten, entre outras cousas, as paisaxes de Tara ou o traballo dos recolectores de turba na Irlanda occidental, ese traballo que tan ben e fermosamente poetizou Seamus Heaney no seu poema "Cavando". En fin, o dito: lume!!!
2 Comentários:
Aqueles anos fantásticos que desfrutei en Ortigueira, a principios dos 90, eramos dez ou doce mil persoas, non máis, non habia carpa dance e si moitos gaiteiros e xente comprometida coa "causa celta", gostaba de pasa-lo dia curioseando polo mercadiño que habia na alameda, sempre coa miña mochila para cargarme de colantes, bandeiras, camisolas e demais parafernalia celta para todo o ano...jajaja, despois pola tarde adoitabamos tocar algo coas gaitas e poñer un pucho no chan no que algunha moeda, daquela eran pesetas, caia, logo ao rematar, despois de saca-las fotos e explicarlle aos turistas as partes dunha gaita e como se tocaba, iamos a polos bocatas de lombo con queixo e a lata de Estrella Galiza para ir comenzando a prepara-lo ambente antes dos concertos da noite, daquela, hai anos inda non habia o escenário Runas, despois dos concertos e no campamento, festa rachada ata as mil, e pola mañá baño na praia de Mourouzos, iso si era vida... :)
un saúdo Ulmo, e desfruta do festival
Un dia destes teño que escribir algo sobre as miñas vivencias en Ortigueira, a miña tenda de campaña, a miña bandeira galega, e a miña gaita, que ben o pasabamos...
domingo, julho 13, 2008
Breo, non aprazes nen un dia máis ese post! ;-)
segunda-feira, julho 14, 2008
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial