O verán petando às portas
Esta mesma noite, sen máis tardar, comeza o verán. Non deixa de ser unha convenzón imposta, pois, na realidade, en Galiza non falamos de estio até que non vemos acesas as primeiras cacharelas de San Xoán. A sardiña (se os prezos o permiten, que ainda está por ver) mollará de novo o miolo do mol e sabedor pan do país, e, entre cunca de viño e cunca de viño, non esqueceremos deixar na cornixa da nosa ventá o cacho de San Xoán, elaborado coas ervas máxicas do sol-pór e fonte de beleza e saúde. En fin, milleiros e milleiros de rituais que se amorean ao longo desa noite breve coma un suspiro, mais enchoupada de mitoloxia como poucas.
Para celebrarmo-lo cun pouco de anticipazón, aqui vos deixo este vídeo dos irlandeses/británicos Flook, un dos mellores grupos acústicos de folque celta que andan a xirar hoxe en dia polo mundo adiante. Dous frautistas, un guitarrista e un percusionista que tiven ocasión de ver en directo há uns anos na Carvalleira de Sás. Por certo, do percusionista, John Joe Kelly, irlandés nado como tantos outros na emigrazón de Manchester, há que dizer que representava o máis puro estereótipo do irlandés inquedo e bebedor. À altura da segunda peza do concerto xa levava no corpo outras tantas cervexas. Mais pagava a pena con tal de escuitá-lo tocar. Como dixeron acerca del nunha revista especializada, dizer que Kelly toca ben o bodhran é como dizer que o Everest é unha montaña algo alta.
Que gosteis e bon San Xoán!

5 Comentários:
Isto si que é algo sorprendente!!!! se estes tocan de memoria e xa coñecen todas as cancións irlandesas que se poidan coñecer!!! o mellor de todo é que coas fogueiras, lumeiros, cacharelas... todos entramos nun trance isotónico que merma as nosas aptitudes mentais, levando con elas as físicas. Pois teremos que tonificar corpo e mente para poder chegar sen lesións ao outro lado do mito, ao outro lado do lume, atravesar o escachafeitizos para llavar as nosas almas impuras, si, impuras de pensamentos, actos e demáis familia. Teremos que saír airosos dun lume que chega ata o negro ceo, cuberto de estrelas anónimas que rezan para que pase a noite e así poder durmir tranquilas.
Hai noites que se está mellor cos amigos facendo lume interno e externo, pero sen alcolizar a mente para non destragar a natureza presente. Un saudo mister Pauls of the island of Londón!!!!
quarta-feira, junho 25, 2008
Grazas pola música!
sexta-feira, junho 27, 2008
Non se merecen!
Mon, eu este ano non celebrei San Xoán nen gaitas, que no Milladoiro non se estilan as cacharelas e tivemos de nos conformar cunhas cañas nunha terraza. Isto antes non pasava! Será certo que contra Fraga vivíamos mellor? ;-)
Un saudiño para tod@s
domingo, junho 29, 2008
Pois eu este ano e como os pasados desfrutei dunha cacharela familiar na parroquia de Lérez, perto de Pontevedra, fogueira e churrasco, nada mellor para pasa-la noite de San Xoán.
Por certo, fantástico tema o dos Flook, nunca os puiden ollar en directo, agora que o penso, levo unha chea de anos sen ir a nengún concerto, os meus preferidos eran o Herba e Son no Morrazo, o Intercéltico e de Ortigueira (cando eramos dez mil, non despois con cen mil...)
Ulmo por certo, non sabera-lo cartaz deste ano do Intercéltico do Morrazo, inda non se sabe nada non?
Un saúdo
segunda-feira, junho 30, 2008
Olá, Breo! Pois si, mui bos os Flook, o típico grupo irlandés que ten toda a sua poténcia no directo. Non sei nada ainda do Intercéltico do Morrazo. O que si se sabe desde hai algun tempo é o cartel do de Ortigueira, que este ano, polo que se ve, aposta polos clásicos irlandeses e escoceses (Davy Spillante, The Dubliners, os grandes Boys of the Lough...). Ainda que aí coincido contigo: eu preferia a vella Ortigueira, un pouco menos masificada.
Saúdos e bon verán!
terça-feira, julho 01, 2008
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial