Apalpando as palavras do salmom

01 novembro 2006

Rascuño de Uoain O Connair


Remexendo entre as inúmeras fotografias que habitan nas tripas do meu ordenador topei-me con esta agradável surpresa. É un rascuño que no seu dia fixera Miguel, un bon amigo de Belas Artes, para un proxecto comun, unha espécie de cómic que mesturase mitoloxia pura e dura con algunha que outra dose de cultura céltica enxebre. Ou sexa, un produto aptísimo para consumo de freakies e espécies relacionadas. Lembro agora a ilusón con que encarara o labor de escrever os guións, aqueles treitos de diálogo longuísimo que, ben pensado, endexamais caberian no discreto espazo dunha viñeta. Mais servidor é asi, cunqueiriano irredutível e incurável e amigo das ramificazóns gratuítas...
O deseño é certamente espectacular, e ten un algo de embrionário, de indefinido, de cousa que se inícia e se promete. Un tema mui do meu gosto. A história que o sostén tematicamente é a do primeiro rei da Artánia, Uaoin O Connair, matador de dragóns e posuidor da espada de Cam Artann. Dito doutra maneira, un delírio de cando a miña imaxinazón devorava épica irlandesa e galesa en cantidades seguramente mui pouco saudáveis... ;-)

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial