Apalpando as palavras do salmom

22 fevereiro 2006

The Snowy Path

Está a nevar. Pouco, a penas unhas folerpiñas. Mais ainda asi chama a atención. Coma pequenas cuiteladas brancas atravesando este ar frio que destroza os lábios e fai a cor das pedras máis intenso baixo a xiada.
Asi e todo, un bota en falta as grandes nevaradas doutrora. Dos meus tempos de cativo despreocupado e feitiño. Cando a neve era tanta que nen un centímetro de chan ficava ao descoberto, e perdias a noción das formas e dos espazos. Cando a neve caía tan mesta que se borrava o horizonte e sentias-te (sentes-te) dentro dunha desas bólas de vidro que algo teñen de idílico e desconcertante.
Adoro os poemas nos que podes levar a neve à boca. Matastes o meu amado, o de ollos negros como túmulo de acibeche sobre a neve ("Deirdre e Noisin"). Sobre a neve todo se fai máis intenso. A neve no lombo das égoas (permitide-me a autocitación).
Xa parou de nevar. Que pouco dura o pan na casa do pobre...

4 Comentários:

Blogger Uz disse...

A verdade é que eu também estranho essas nevaradas.

Un troç gros de l'enyor lis en tinc.

sábado, fevereiro 25, 2006

 
Blogger marykinha disse...

Creo que das poucas nevaradas que vin en Santiago, unha ou dúas chegaron á magnitude das que ti descrebes!
Supoño que serán cousas que pasan na provincia veciña!
Bicos

sexta-feira, março 03, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

A cantidade e calidade das nevaradas van medrando conforme nos desprazamos ao Leste do país. É unha "sorte" que nos caiu en graza.

sexta-feira, março 03, 2006

 
Blogger marykinha disse...

Se ti o dis... para min o mellor dunha paisaxe nevada é a sensación de tranquilidade, sobretodo se podes buscar o calor ao carón dunha persoa.
Outra cousa boa é tamén o sentarse a observar a neve, meditando co silencio que se crea...
Non sei, para min sempre tivo un aquel que me intrigou, pero non tanto como os vidros dos que falas!
Bkñs

sexta-feira, março 03, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial