Apalpando as palavras do salmom

14 julho 2008

Harlem's bombards

Nesta frase poderia resumir-se o que sentin cando escuitei esta estraña melodia. O grupo chama-se Manau, é bretón (ainda que cante en francés) e, segundo parece, é unha das bandas de hip-hop máis coñecidas daquelas terras, a máis de contaren con certo renome internacional. Como adoita ocorrer con tantas outras cousas, a descoberta foi calquer cousa menos intencionada: andava certa raqueira mariñá procurando vídeos no Youtube do seu idolatrado Alan Stivell cando, de súpeto, bateu cun intitulado La Tribu de Dana, espécie de remix ou remexido do tema tradicional bretón Tri Martolod (que todo bon afeizoado à música celta tatarexou máis de unha e de duas vezes) e que resultou ser un dos grandes éxitos destes singulares rapeiros que ousan casar a bombarda e o acordeón dos seus bisavós cos versos rotos e estremecidos do mellor hip-hop.
Mais o tema que interpretan neste vídeo que hoxe vos deixo aqui é o que lle deu título ao seu primeiro álbume, Panique Celtique, un título transparente e unha declarazón de intenzóns. Tanto música como imaxe acaban derivando nun delírio que poderíamos calificar, cando menos, de surprendente mais que nos deixa nos ouvidos o sabor das cousas arriscadas, do pulso final, do todo ou nada.
Por certo, permitide-me dedicar-lle estas rimas estridentes ao colega Pabliño, futuro médico de cabeceira en Celanova e amante (até onde eu sei) de cousas destas.

6 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

eu precisamente tamén coñecín a este grupo hai anos có tema que mencionabas de la tribu de dana, non estaba mal aquel tema e tampouco este, non son moi amigo do hip-hop pero esa baxse rítmica e cunha gaita e tal, pois ten o seu "aquel"...

un saúdo ulmo e desfruta dos festivais :)

terça-feira, julho 15, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Eu cada vez gosto máis deste tipo de mesturas entre o máis rabiosamente contemporáneo e o rural, tradicional ou como quixer chamar-se-lle. E os de Manau resumen-no ben nuns versos deste "Panique Celtique": L'accordéon et les binious me font trouver les thèmes. / De tous mes lyrics et de tous mes poèmes.
Pois iso, que como ben dizes, Breo, ten o seu aquel, non si? ;-)Un saúdo!

terça-feira, julho 15, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Moitas grazas por nos descubrir estas cousas!

terça-feira, julho 15, 2008

 
Blogger ghuilianxallas disse...

E a min que me recorda irremediablemente ao hip-folk...

será que estou obsesionado?

quarta-feira, julho 16, 2008

 
Blogger Unknown disse...

Hip-folk... quempa-hop... hip-regheifa... rap-gueifa... escolle o que máis che goste! O certo é que ao escuitar a estes ousados bretóns volveron-me as gañas de escuitar precisamente esa marabilla do "Quemp-hop", mais como NON TEÑO AINDA o disco (ejem... ejem...) tiven que conformar-me con escuitá-lo desde a rede. Concretamente desde o blog dun tal "ghaiteiro de Lapamán" que, ainda que deixou de actualizar-se há case un ano, ten cousas xeitosiñas que poderian interesar-che.
Saúde e terra (-hop)!

quinta-feira, julho 17, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Ben, ainda que o comentário anterior está a nome de Rocio, devo constatar que o seu autor é o Ulmo de Arxila. A ver se vai receber Rocio unha cópia do disco de Quempallou e eu non! Seria o colmo ;-)
O dito, salus,-salutis!

quinta-feira, julho 17, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial