Apalpando as palavras do salmom

14 fevereiro 2008

My young love said to me...

Unha das primeiras canzóns que escuitei cando (há xa anos, parece case que séculos!) comecei a interesar-me pola música irlandesa foi a belísima balada She moved through the fair. Coñecin-na concretamente através da versón instrumental que dela fixera Mike Oldfield no seu álbume The Voyager, unha estraña xóia dedicada integramente a refazer desde a estética new-age as sonoridades dos temas irlandeses, escoceses e galegos máis populares. O momento prestava-se para iso. Era a época na que a música celta (empreguemos esta etiqueta sen ruvorizar-nos, recoiro!) gozava dun grande predicamento e dunha funda penetrazón en estilos musicais mui diversos. Eran os mesmos anos nos que a nosa música folque comezava a descobrir que havia camiños mui apetecíveis e atraentes alén Pedrafita e alén Fisterra, e os Carlos Núñez, Luar Na Lubre, Xosé Manuel Budiño e demais artistas deslumbravan en cenários nunca antes imaxinados.
Uns anos máis tarde souben que esa melodia dotada de cadéncias case hipnóticas tiña a sua própria letra, unha letra que falava de soños, de mozas fermosas, de lagoas; unha letra na que latexava a história dun amor imposível, rudo ao mesmo tempo. Con estes vímios, que outra cousa poderia sair se non unha balada cento por cento irlandesa?
Mais se existe unha versón de She moved through the fair que realmente reinventa e reconstrui o seu fundo e a sua forma, sen dúvida é esta que hoxe vos oferezo e para a cal se xuntaron dous xénios como Alan Stivell e Jim Kerr, cantante de Simple Minds. Nesta actuazón, a balada desdebuxa-se por vieiros que nos reconduzen às músicas máis simples e primixénias, a ese tarareo livre e espontáneo do que, certamente, emerxeron todas as músicas. E o amor imposível, por natureza desditado e sombrio, enzoufa-se dunha luz estraña, vital, leda, que desarticula toda tentazón lacrimóxena. Como dixo Pokorny, non existe a melancolia celta. Músicas coma esta asi o confirman.
A colaborazón entre Stivell e Kerr repetiu-se de novo uns anos depois no álbume An Douar, concretamente no tema Scots are right, unha apoloxia da independéncia escocesa vista como agoiro e ao mesmo tempo semente da liberdade de todos os povos célticos. Mais, antes diso, o harpista bretón e o cantante escocés fixeron unha primeira prática. E o resultado, certamente, merece a pena. Que gostedes!


13 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Oes, e ti que sabes, quen interpreta a versión deste mesmo tema no filme Michael Collins? Porque pon os pelos de punta.

quinta-feira, fevereiro 14, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Pois trata-se de Sinnead O'Connor, que cando se pon a interpretar canzóns tradicionais... é muita Sinnead! No disco de The Chieftains
"The Long Black Veil" podes escuitá-la cantando este mesmo tema co acompañamento deses grandes mestres da música irlandesa. Ainda que, persoalmente, prefiro a versón que aparece en "Michael Collins", tan dramática e estremecedora...

quinta-feira, fevereiro 14, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Ulmo, eu teño ese disco, o the long black veil, un de tantos da miña pequena discografía "céltica", entre os cales teños discos de Alba, Breizh, Èire, Euskal herria, Galiza, Asturies e mesmo un disco do Cape Breton, non sei se coñeces ao Ad vielle que pourra, magnífico disco, MUSAIQUE (senón me trabuco)

saúdos

quinta-feira, fevereiro 14, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Non estaria de máis criar un grupúsculo de intercámbio de discos de música celta, aproveitando esta venerazón que lle profesamos os aqui congregados jejeje. Persoalmente, a música de Euskal Herria sempre foi para min unha grande descoñecida até há cousa duns anos, cando comecei a saber de grupos como Alboka ou, por suposto, Oskorri. Breo, recomendo-che vivamente un traballo que, curiosamente, chegou às miñas mans por equivocazón (cousas do e-mule, en fin...): "Orai", de Xabi Sansebastian. Con colaborazóns de Mercedes Peón, por certo. Unha pequena marabilla!
Saúdos

sexta-feira, fevereiro 15, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Pois eu recoméndoche un disco de Benito Lertxundi, Oro laño mee batek, o mellor tema do disco, "entzu zatzú", boísimo, pero mellor que a versión deste disco, a que botaran hai anos no programa da radio galega, lume na palleira, unha versión moito máis fermosa que non din atopado por ningures.

un saúdo

de euskadi teño de oskorri e de benito lertxundi, nada máis, do disco de oskorri agora mesmo non me lembro o nome, pero é o que saen os postes do tendido eléctrico na portada e ten un tema fantástico a dúo con Xosé M. Budiño chamado Galiziara noa, grande tema

saúdo célticos(tal vez?) jeje.

por certo, un dia temos que abrir un debate sobre a celtitade ou non de Galiza.

sábado, fevereiro 16, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

por certo, o outro dia no do ponteveda c.f. mirei esta foto dun mural en Belfast, bótalle unha ollada Ulmo

http://img206.imageshack.us/img206/5228/20070812elpyop6yp2.jpg

un saúdo

sábado, fevereiro 16, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

http://img206.imageshack.us/
img206/5228/
20070812elpyop6yp2.jpg

unha vez máis, parece ser que o anterior ficou cortado, a ver se con éste teño máis sorte,separeino en varias partes, xúntao para podelo ver e borra o anterior post se tal.

sábado, fevereiro 16, 2008

 
Blogger marykinha disse...

Caro Breogain;

Esa imaxe está en West Belfast, unha zona bastante conflictiva en Belfast, aparte de ser o guetto dos católicos.

Eu vinno en persoa... de feito creo que teño un video no meu computador, a ver se o podo subir ao meu blogue.

Beijos Ulmo

sábado, fevereiro 16, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Boas, xente! Si, Breo, coñecia o mural do que me dás a referéncia, e alguns máis de Belfast Oeste tamén alusivos ao conflito basco. Na web de An Phoblacht, à que podes acceder desde este mesmo blogue, podes encontrar muitos produtos de merchandasing do Sin Feinn, e, entre eles, unha camiseta mui curiosa de apóio à causa da independéncia de Euskal Herria: Euskal Herria-Ireland, joined in the struggle ou algo asi...
O certo é que o tema do conflito basco interesa-me cada vez máis, e há tempo que tiña pensado colgar un pequeno post con algunha opinión persoal sobre o tema. Unha opinión, en todo caso, feita a golpe de filmes, documentais e algunha que outra conversa.
Mais, como non! O tema que propós da celticidade de Galiza, hoxe por hoxe, seria interesantísimo. Sobretodo porque poderíamos focá-lo desde unha óptica xa afastada dos excesos de há un par de décadas, e con material lingüístico, antropolóxico e mesmo arqueolóxico que nos pode dar muitas sorpresas. TOmo-che a palarva, Breo. Cando queiras abrimos o lume! ;-)
Mais eu, como dizia Astur Paredes: "Dá-me igual o que sexan os demais, eu son celta", jeje

domingo, fevereiro 17, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Ulmo....

xa teño visto a túa ligazón á web do Sin Feinn, pero eu referíame ao mural ese no tocante ao mapa de Galiza, murais có tema do conflito en Euskal Herria xe teño visto uns cantos, o que nunca vira antes é un mural no que se fixera alusión ao território galego, chamoume gratamente á atención ve-la estreleira de Galiza nesa foto.

Unha aperta a tod@s

e falando de Compostela, de onde sodes algúns dos que vos pasades por este blogue, lémbrome especialmente dun sitio perto de praterias onde teño tomado algunha que outra cervexa (son un namorado delas), a casa das Crechas, fantástico lugar :)

segunda-feira, fevereiro 18, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

en fin....quixen dicir a praza da Quintana (hoxe é luns e xa se sabe).

segunda-feira, fevereiro 18, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Oooops, mil perdóns pola confusión "muralística", jejeje. Xa sei de qué mural me falas, e a verdade é que a min tamén me dá un non-sei-qué ver que os irlandeses ainda se lembran da nosa causa!
"A Casa das Crechas", como non! Un dos míticos desta cidade de pedra, e por suposto o meu predilecto para degustar unha Guinness (ou unha Murphy's, que tamén é de Deus) ou un Irish Coffee (improvisado, iso si, sei do que falo...) mentres un comparte rodeado de amigos as mellores melodias. Por certo, que un dos camareiros adoita obsequiar-nos de cando en vez co seu grande domínio das frautas irlandesas. E, por suposto, as foliadas das noites dos mércores, nas que participan todos,músicos de rua e seareiros abnegados. Digamos que as Crechas son case, case unha relixión ;-)
Canto à sua ubicación, está perto da Quintá, si, máis exactamente na Via Sacra.

segunda-feira, fevereiro 18, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Oooops, mil perdóns pola confusión "muralística", jejeje. Xa sei de qué mural me falas, e a verdade é que a min tamén me dá un non-sei-qué ver que os irlandeses ainda se lembran da nosa causa!
"A Casa das Crechas", como non! Un dos míticos desta cidade de pedra, e por suposto o meu predilecto para degustar unha Guinness (ou unha Murphy's, que tamén é de Deus) ou un Irish Coffee (improvisado, iso si, sei do que falo...) mentres un comparte rodeado de amigos as mellores melodias. Por certo, que un dos camareiros adoita obsequiar-nos de cando en vez co seu grande domínio das frautas irlandesas. E, por suposto, as foliadas das noites dos mércores, nas que participan todos,músicos de rua e seareiros abnegados. Digamos que as Crechas son case, case unha relixión ;-)
Canto à sua ubicación, está perto da Quintá, si, máis exactamente na Via Sacra.

segunda-feira, fevereiro 18, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial