Apalpando as palavras do salmom

11 fevereiro 2008

Liam Ó Maonlaí vs. Seosamh Ó hEanaí

Como xa vos deixara comentado nun post anterior, Liam O'Maonlaí (pronunciado algo asi como Móenli, segundo teño entendido, ainda que diso saberá contar máis e mellor o amigo Chesús), cantante de The Hothouse Flowers, atinxe os cimos musicais máis emotivos cando ceiva a sua voz polas fundas carvalleiras dos máis antigos cánticos irlandeses, dese sean-nós que tantas e tantas vezes aflorou à superfície das águas deste blogo-relanzo. É entón cando realmente nos percatamos da poderosa raigame dun cantante coma el, cuxo talento resulta inexplicável se non é a partir dos xeitos musicais en que foi criado.
O primeiro vídeo, gravado durante un concerto en Belfast a meados do pasado ano, é un bon exemplo do que digo, pois, ainda que a calidade deixa bastante (ou, honestamente, muito) que desexar, iso non é óbice en absoluto para gozar do que, en definitiva, non deixa de ser unha auténtica relíquia: un xeito de cantar mui arcaico, reduzido tan só à voz (contorsionada talmente coma unha cobra, apegada a esas resonáncias nasais tan tipicamente irlandesas) e à percusón da man espida contra o coiro do bodhran. Asi, mui seguramente, soarian as canzóns daqueles músicos que Alan Lomax e Seamus Ennis gravaron ao longo e ancho do gaeltacht irlandés na sombria década de 50. Asi cantavan, en definitiva, os grandes e visionários músicos dese extremo oeste zarrapicado de altos e pedregosos nomes: Connemara, Sligo, Galway, Donegal, Kerry, Innis Mór...
E, para amostra disto e para que podades comparar, deixo-vos canda à demonstrazón de Liam O'Maonlaí outra exibizón para min ainda máis emotiva e venerável: unha actuazón en directo do mesmísimo Seosamh Ó hEanaí (Joe Heaney, à inglesa), o grande monstro da música vocal irlandesa máis xenuína, interpretando Cúnla, unha peza humorística desas muitas que desmenten o tópico do irlandés melancólico e tristeiro. Pasado e presente postos fronte por fronte, rosto a rosto. Impresionan certamente as feizóns adustas, sérias, doridas de vida, do mestre Seosamh Ó hEanaí. Mais as sílabas da sua melodia abrollan de entre os seus lábios coa claridade e contundéncia e xenuína beleza dun abanqueiro debruzando-se sobre o mar. E el non son estas cousas as que realmente fan brillantes os dias?
Máis unha vez, hoxe e sempre, arú!



4 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

Hei, páulix!
Seica ti tamén pasaches polo Mago Merlín (ao Leroi Merlín me refiro, por suposto) para facer bricolaxe???'
Pois quedouche ben chula a casiña, home, moi moi chula. Iso si,bótase en falta o brinco do salmón, pero seguro que aínda lle das máis algún retoque.
Ah, e grazas tamén pola ligazón. Xa me contarás como raios se fai iso, eh!
Veña, unha aperta.

Marikinha, que non me carga o flog e non podo contestarche aos comentarios nin agregarche, pero en canto poida terás noticias miñas.
Por certo, en canto ao de /modo adolescente on: tkm, foto cenital sobre o escote, retoque cutre do paint para que os ollos parezan enormes, vivaaaaaa soi primiiiiiii etc modo adolescente off/ xa te aviso que no meu hai bastante diso, pola fauna que pulula por alí, pero bueno... Inténtase levalo en serio.
Veña, pekecha, goza do teu paso pola terra e un bikinho enooooooooooorme (que unha cousa é non ir de adolescente e outra que non se poidan mandar bikiños a quen os merece, digo eu, hehehe)

terça-feira, fevereiro 12, 2008

 
Blogger marykinha disse...

POrque non pos os nomes dos condados e cidades en irish (gaelico para os protestantes)... se son mais fermosos

Beijos!

quarta-feira, fevereiro 13, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

parabéns polo novo deseño, fica todo máis "a man", pero xa podes ir poñendo outra vez por algures a foto do salmón, que se bota en falla na cabeceira, é un signo de identidade e non pode faltar.

Por certo, graciñas polas túas recomendacións de viaxe que fixeches no meu blogue, tereino en conta para vindeiras viaxes pola costa da morte, polo de agora xa estou preparando as vacacións deste verán, serán algo antes, en Maio, e xa estou comezando a preparalas, somentes dicir que irei a unha illa ao norte de Europa...:) polo dagora estou dubidando a cal das dúas illas ir, tíranme ambas pero haberá que decidirse por unha sola.

nada máis, graciñas por engadirme nos teus favoritos, se tes un minutiño pon o nome do meu blogue todo en minúsculas, queda mellor :)

saúdos Ulmo (e compaña)

quarta-feira, fevereiro 13, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Por feito, Breogain! Un saúdo e xa nos contarás cál das duas illas en questón acaba por conquistar-te ;-)

quarta-feira, fevereiro 13, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial