You play the melody of the chanter
Un nunca se encontra o suficientemente agobiado nen vencido polas rutinas cotidianas para volver às músicas de Martyn Bennett. Desta vez animei-me e construin un cativiño vídeo a partir dunha das melodias máis contundentes que endexamais fabricou este xenial músico de pátria canadiana e sangue escocés. Trata-se de Chanter, un dos temas que compoñen o seu testamento musical, Grit, do que xa falamos noutras muitas ocasións desde este relanzo.
Un chanter non é outra cousa que a parte da gaita que os galegos chamamos fol, e mesmo pode ser sinónimo de gaita propriamente. Na música tradicional escocesa (e sobretodo na dese microcosmos tan peculiar que son as illas Hébridas) existe un subxénero característico, o puirt ceantaireachd, no cal o cantante imita coa sua própria voz o son dunha melodia de gaita. Isto lembra-nos outros xéneros como o puirt-a-beul ou mouthmusic, e entronca portanto con ese limite gozosamente difuso, nunca suficientemente marcado, entre sonoridades vocais e sonoridades puramente instrumentais na tradizón escocesa.
Esta é pois a base rítmica que toma Martyn Bennett para Chanter. Ao comezo, baixo a pulsión constante das percusións metálicas, escuitamos unha frase en nevoento inglés que nos descreve à perfeizón o estilo musical ao que imos asistir: You play the melody of the chanter... Seguen as percusións, comendo terreo, medrando sen trégua, até que de súpeto, trás o aturuxo vivificador, irrompe a voz de de Mairi Morrison interpretando desde vellos discos de vinilo un fragmento da canzón Mrs. McLeos of Raasay. Mais xa non sabemos se é Mairi Morrison, das Outer Hebrides, ou unha delirante máquina de criar emozóns e fundos, fundísimos calafrios...
E cando comeza a repetizón obsesiva das gaitas sabemo-nos xa perdidos, derrotados por este alarde de poténcia e beleza.
E berramos: Arú!

1 Comentários:
Simplesmente Martyn, é o mellor! Obrigada por descubrires-mo!!!
Ainda q o coñecín cos berros de Why agora acompañame a todas partes. Un xuxo
quarta-feira, janeiro 30, 2008
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial