Apalpando as palavras do salmom

31 janeiro 2008

Os Tres Xans

Os Tri Yann (literalmente, os Tres Xans) son un deses grupos imprescindíveis para coñecer a música bretoa contemporánea. Recoñezo que non é unha das miñas bandas predilectas desde o ponto de vista estético (decanto-me máis por un Alan Stivell, un Dan Ar Braz ou un Patrick Molard, por exemplo), mais iso non quita que recoñeza nos Tri Yann un deses espíritos peculiares, pintorescos e extravagantes tan do gosto das mentalidades célticas. Ideoloxicamente, inscreven-se nun nacionalismo bretón que às vezes lles ten dado algun que outro desgosto, mais no que se reafirman en muitas das suas canzóns. E iso que non proceden realmente das terras bretonantes, senón da Breizh Izel, a Alta Bretaña de fala romance (galló) mais historicamente integrada no antigo Ducado da Bretaña.
Como sei que entre os asíduos deste relanzo há algun que outro afeizoado aos Tri Yann (non si, Breogain?), aí vos vai este vídeo no que interpretan unha composizón tradicional, Franzozig, sobre un mariñeiro bretón que marcha a servir "à maldita Franza" (Ferrin dixit). O vídeo foi gravado no transcurso do Bretagnes à Bercy, un concerto celebrado en 1999 e no que tomaron parte todos os grandes músicos bretóns do momento, desde Alan Stivell até Gilles Servat, pasando por outras bandas quizá menos coñecidas por estes lares, como Armens. Por certo, que tamén nese concerto estava Dan Ar Braz (primeiro músico que cantou en bretón nun festival da Eurovisión), co seu grandioso L'Heritage des Celtes; un feixe de músicos de todos os recantos do mundo céltico, entre os que salientava o noso paisano Carlos Núñez.
Neste Franzozig há muitos detalles que a un fervente admirador das melodias bretoas non poden pasar-se-lle por alto. A audácia dos bailarins (non há certa semellanza entre este baile bretón e as jigs e reels irlandeses?), capazes de rachar toda lei física cos seus choutos; o ton sempre queixoso e rebelde dos cánticos bretóns; o ritmo pertinaz e obsesivo do kan ha diskan...
Aqui vos deixo, xa que logo, con estes Tres Xans que (por certo) tan pouco cadran co noso Xan autóctone e rosaliano...

6 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Eu tamén puxera ese mesmo video de Franzozig nun artigo do meu blogue hai un tempo
http://breo.blogaliza.org/2007/11/30/tri-yann-a-esencia-da-musica-bretona/

pos suposto que gosto tamén da música de Alan Stivell, Patrick Molard ou Dan ar braza, pero dende hai moitos anos os Tri Yann ocupan un espazo destacado na miña discografia de raigames célticas ou autóctonas, como lle queiramos chamar. Eles xa dician no seu tema L'Decouver ou l'ignorance que fala sobre o "problema bretón" que non a súa lingua maternal non era o bretón, -teño a letra do tema por algures, non o deixes de escoitar- pero iso non lles foi nunca impedimento para sentirse fondamente bretóns, e é algo que eu admiro profundamente, ahhh, quén sabe se algún ano farei unha visita a aquelas terras das que Castelao falaba no seu libro.

un saúdo Ulmo :)

quinta-feira, janeiro 31, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Emocionante tema ese Le Decouver ou l'ignorance de que me falas, Breogain. Realmente a letra non é deles, senón dun dos pais do nacionalismo bretón, Amaury Lebesgue (de quen fala Ferrin no seu "Bretaña, Esmeraldina"), que soubo expresar como ninguén a tensión entre esas duas Bretañas, a alta e a baixa, a romance e a céltica.
Supoño que xa o terás, mais se che interesa há tempo que me baixei da rede "Le meilleur de Tri Yann".

quinta-feira, janeiro 31, 2008

 
Blogger ghuilianxallas disse...

Hom, a verdade que a min (que de Ortegal para arriba teño certos problemas para discernir, será que non teñen gheada ou non sei...) isto dos Tres Xans gústachemevos (toma!!!!) bastante, pero unha advertencia: Xa se sabe que cando un busca tres Xans, case sempre atopa tres Pedros, hehe.
Apertas!

Marikinhaaaaaaaaaaa
Con manteiga nunca!!!!!
Poderán quitarnos a matanza, pero xamais nos quitarán o touciño das filloaaaaaaaaaaaaaassssssssss!!!!

bikinhos e sorte coas orellas ao beefeater (por probar...):-)

quinta-feira, janeiro 31, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Home, alégrame que volveses (déboche Martin Bennett e Julie Fowlis, ai), iso antes ca nada.

E despois, unha cousa: Breizh-Izel non é a Baixa Bretaña? É que son dos que lembra aquela de Bleizi Ruz:

Tud yaouank a Breizh-Izel
didostid da gleved...

OU algo así, que os de Guimbarda moitas veces transcribían mal as letras.

Moita saúde e benvido de novo.

quinta-feira, fevereiro 07, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Opssss!!!! Efectivamente, querid@ anónimo, a Breizh-Izel é a Baixa Bretaña, a zona bretonante da Bretaña! Mil perdóns por tan imperdoável erro e graciñas polo teu comentário.

sexta-feira, fevereiro 08, 2008

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

E, por certo, a Alta Bretaña é Breizh-Uhel ;-)

sexta-feira, fevereiro 08, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial