Apalpando as palavras do salmom

06 novembro 2006

O labirinto do fauno, esa estraña xóia

É magnífica. Unha xóia estraña, insólita, e chea de deliciosas arestas que penetran. Gosta-me un filme cando podo falar con el. Quero dizer, cando o visionado desperta en min epifanias e evocazóns, cando conecta coas palavras e as obsesóns que amo. Encanta-me un filme cando esa evocazón se fai tan densa e inabarcável que un chega a sofrer, a angustiar-se dalgun xeito. Nesta segunda categoria está El laberinto del fauno, a última de Guillermo del Toro, que recomendo vivisamente aos (poucos pero valiosísimos) leitores destas letras.
É o filme que me gostaria fazer se fose director de cinema. Ou a novela que me gostaria escrever. Ten-no todo. A brutalidade dos contos de nenos. Unha poesia radical e arcaica en cada fotograma. Un gosto case enfermizo polo retorcimento. Unha procura (tamén enfermiza) do superrealismo. A conexión de duas realidades paralelas que se interpenetran constantemente. Milleiros, millóns de aguillóns son lanzados contra o espectador, que acaba ferido de tanta forza e beleza e violéncia. Mais, por se fose pouco, o filme en si, como produto cinematográfico, como exercício de técnica narrativa, é poderosísimo. A secuéncia na que Ofelia é perseguida polo xigante pálido vale o seu peso en ouro. Xamais, xamais sentin tanto medo e angústia como nese minuto escaso.
Deverei tomar-me algo de tempo para esbullar as virtudes e marabillas desta xóia estraña. Mais non queria deixar pasar o dia sen, cando menos, derramar estas primeiras impresóns.

5 Comentários:

Blogger marykinha disse...

vaisete a pinza

segunda-feira, novembro 06, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Filliña, para escrever iso mellor non escrevas nada.

terça-feira, novembro 07, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Por certo, é "váiseche".

terça-feira, novembro 07, 2006

 
Blogger Uz disse...

Que se piquem, que se piquem...!!

Brincadeiras à parte... Já me convenceste para ir vê-la. Agora a ver se atopo tempo para ir antes de que a botem da carteleira :-D

quarta-feira, novembro 08, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Non, Herr Uz, non chegará o sangue ao rio. Servidor nega-se a ser prosaico e gris, sente-se! O filme é magnífico, ainda que poda estresar un pouco pola sua densidade, mais mellor iso que "El diablo viste de Prada" ;-)

quinta-feira, novembro 09, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial