Apalpando as palavras do salmom

10 novembro 2006

'I am Ireland', de Padraig Pearse

En 1916, trás a Revolta de Páscoa, a enésima e penúltima derrota da causa irlandesa, Padraig Pearse axeonllou-se no chan da sua masmorra. Ao dia seguinte, quizá ao mencer, como no final d'O vento que axita a cevada, Padraic Pearse, un dos poucos que soñava cun Éire livre e socialista, mais tamén gaélico, seria fusilado. A noite antes axeonllou-se e escreveu os versos derradeiros. Son versos mui simples, mais, como decote adoita ocorrer, encerran emozóns mui altas e complexas. Frases secas infectadas de nostálxia, soidade e desesperanza entre as que emerxen os nomes poderosos de Cu Chulainn, Cailleach Bhearre, brillando como a tricolor que Pearse pendurara do Correo Central de Dublin/Baile Atha Cliath naquela xornada de Páscoa. Quizá o noso amigo Innisfree se atreva a procurar-lle a traduzón ao gaélico...

I AM IRELAND

I am Ireland:
I am older than the Old Woman of Beare.

Great my glory:
I that bore Cuchulainn the valiant.

Great my shame:
My own children that sold their mother.

I am Ireland:
I am lonelier than the Old Woman of Beare


6 Comentários:

Blogger marykinha disse...

Ohh amazing!! You always let me thinking about all what I am, THANK YOU!!! But I have a little doubt, who is the Old Woman of Beare?? Sorry, I don't go on the Celtic culture as deeper as you do!!
Kisses!

sexta-feira, novembro 10, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

A Vella de Beara (Cailleach Bheare) é unha representazón máis da Vella Deusa neolítica, que acabou sobrevivendo na literatura e costumes tradicionais como unha anciá protagonista de muitos relatos e histórias. É homologável mui seguramente à nosa Orcabella, esa que seica está enterrada entre os penedos do cabo Fisterra e na que hai que recoñecer muitos trazos das deusas celtas, logo malditas e proscritas pola moralidade cristiá que se superpuxo às atitudes célticas: sexualidade desmesurada, independéncia radical... No caso de Cailleach Bhearre non houvo, até onde eu sei, unha demonizazón tan explícita, mais a raiz última de ambas as duas figuras é a mesma. Se queres saber máis, Jean Markale: "Contos tradicionais dos países célticos", e Alonso Romero "O camiño de Fisterra".

sexta-feira, novembro 10, 2006

 
Blogger marykinha disse...

Grazas, pero non precisaba que me receitases uns libros... para iso xa teño aos meus profes que me aturullan cunha morea de libros!! Pero de tódolos xeitos, deixareinos para o verán!
Bicos

sexta-feira, novembro 10, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Pól, asumo el reto de tratar el último poema de Pearse. Pero por orden, ahora estoy con "Foggy Dew". Por cierto, vaya lujazo este blog donde se aclaran las dudas y encima dan bibliografía.
Slán.

quarta-feira, novembro 15, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Pól, misión cumplida. Antes de cometer la osadía de intentar traducir al bueno de Pearse al gaélico, he decidido buscar por ahí y he descubierto que el original fue escrito en la milenaria lengua de los celtas (las hadas y los elfos, incluidos), así que ya está en versión trilingüe y con enlaces interesantes en http://innisfree1916.wordpress.com. Gracias por ponerme en la pista de este hermoso (y tremendo) poema. Go raibh maith agat.

domingo, novembro 19, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Mise Éire:
Sine mé ná an Chailleach Bhéarra.

Mór mo ghlóir:
Mé a rug Cú Chulainn cróga.

Mór mo náir:
Mo chlann féin a dhíol a máthair.

Mór mo phian:
Bithnaimhde de mo shíorchiapadh.

Mór mo bhrón:
D’eag an dream inar chuíreas dochas.

Mise Éire:
Uaigní mé ná an Chailleach Bhéarra.

segunda-feira, novembro 27, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial