Benvida à casa, Grainne
No último filme de Loach, O vento que axita a civeira, descobrin unha fermosísima canzón que, a máis, estrutura e dá sentido a unha das secuéncias máis poéticas, sanguíneas e mellor logradas da película. Do meio dun mar de névoa van emerxendo os voluntários do IRA (non, non, ainda non os do ILG Auténtico...). Levan unha balada na gorxa, e esa balada asalta-nos mentres eses corpos obscuros e rexos avanzan pouco e pouco pola corredoira que os conduz à batalla. A secuéncia transmite unha épica da vella escola. Mais o mellor, sen dúvida, é a balada en questón. Onte, escuitando o último traballo salvável de Sìnnead Ò Connor (Sean Nos Nua), estremecin-me ao comprovar que havia nel unha versión desa mesma peza. E hoxe, indagando polo ciberespazo ese, completei a história desas estrofes desgarradas. Oro se do bheatha bhaile, chama-se. Un vello hino xacobita (puxai, puxai cara ao Sul, cara a Kinsale!) que Padraic Pearse, mártir do 16, arrequentou con versos atravesados de retorcida esperanza. Neles habitan algunhas obsesóns dos nosos compadres insulares, que ao fin e ao cabo son nosas dalgun xeito: Grainne nMhaol (Grace O'Malley), o mundo de alén mar (que é se non a arcaica idea dos prados de alén das nove ondas?), a necesidade angustiosa de terra e identidade.
Todo iso, na voz de Sìnnead Ò Connor. Imaxinai-no!
3 Comentários:
Nom ven ao caso, máis se non o coñeces, deberas escoitar unha canzón de Katie Melua, o título: Nine Million Bicycles; é unha baladiña nunha voz moi fermosa,
Bicos
segunda-feira, outubro 30, 2006
Nove millóns de bicicletas! En fin, terei en conta a recomendazón vindo como vén dunha fan de Abba ;-)
segunda-feira, outubro 30, 2006
Boh, iso era porque estaba de baixón... aqui tes un enlace ao seu video http://www.youtube.com/watch?v=OC5S0EOZE8U
Bicos
terça-feira, outubro 31, 2006
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial