Apalpando as palavras do salmom

28 outubro 2008

O riso bretón

Alguén dixo nunha ocasión que os bretóns tamén saben rir. Os bretóns comparten cos galegos ese sino comun às culturas periféricas, chuviosas e atlánticas: o tópico de sermos unha caste tristeira, amorriñada, instalada no lamento, na balada, no alalá... En fin, o protótipo romántico sobre os povos celtas que lle devemos en boa medida aos Cantos Ossiánicos de McPherson e à edulcorada e decadente poesia decimonónica.
Mais, por suposto, hai outro lado. E asi como os irlandeses son "os mediterráneos do Norte", bretóns e galegos pouco temos que lles envexar nese sentido. Para festeiros, nosoutros. E para rirmo-nos de nosoutros mesmos e do noso Volkgeist, poucos hai que nos poñan o pé diante.
E para amostra un botón. Ou vários.
Esta primeira imaxe é dun anúncio da empresa Breizh Cola, que adoita publicitar-se co lema Le Cola du Phar Ouêt e con ideas tan suxerentes coma esta que aqui nos oferecen. Por certo, que Breizh Cola fabrica tamén a sua própria limonada. Que como se chama? Pois, como non, Morgana. Ou alguén agardava outra cousa?


E seguimos coas anciás bretoas e a sua característica cófia, mais desta vez metidas a perigosas xogadoras de póker. A ocorréncia, de novo, é boísima! E comocontraste, unha imaxe non menos suxerente cà anterior, e que, por asi dize-lo, "actualiza" a típica imaxe da vella bretoa (ai, as irmás Goadec! se visen isto!), cófia na cabeza e bombarda na man. Trata-se dunha argallada dos de Breizh Punisher's, unha marca de roupa e complementos vários que xoga a revisar (e revirar) os símbolos próprios da Bretaña, dando en ocasións resultados coma este... Supoño que encanto o vexais deixareis de ter os bretóns por un povo tristeiro e comezarei a ve-lo como o que é: unha pátria de auténticos cachondos mentais!


2 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Como diría o meu trasunto Galo, están tolos estes bretóns, hehehe.

Fixéstelo xenial meniños! A ver que imos recoller este dezembro. S non hai nada para nós, imos co Xandre,hehehe

Bks 1000!

quinta-feira, outubro 30, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

agradécense estas pequenas historias dos nosos irmáns bretóns...

un saúdo Ulmo :)

quarta-feira, novembro 05, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial