Apalpando as palavras do salmom

02 abril 2008

É tempo de benvidas!

Pouco e pouco, vários dos meus mellores e máis prezados amigos, camaradas e compañeiros de danzas e cánticos diversos foron criando os seus próprios blogues e arrequentando este universo "blogomilleiro" con muitas e mui interesantes achegas. Creo lembrar que un dos primeiros foi o grandioso Subcomandante Xallas, que, desde aquela sua comarca nativa, eucaliptizada até a saciedade mais orgullosamente enxebre onde as houver, comezou a enviar-nos as suas crónicas de guerra, con ese seu inconformismo retranqueiro que algun dia será coñecido e patentado como Made in Avelix. Crónicas longas as do Subcomandante, às vezes dunha extensón poderia dizer-se que "bíblica"... Mais, que importará iso? O certo é que as suas palavras chegan sempre igual de auténticas, tan poderosas como o foi noutrora a fervenza do Ézaro, esa ofensa nacional ainda non cobrada (unha máis) que tanto proe...
Mais o blogomillo filolóxico e rexoubístico ficava ainda incompleto. Como diria o outro, "faltava unha voz"... E que mellor voz que a dun inimitável amigo con quen tantos e tan bos momentos teño pasado nos últimos anos? Haverá que procurar-lle ainda unha alcuña blogueira, un nome de guerra para as suas incursóns nestes pagos, mais, polo de agora, refiramo-nos a el como O Pataqueiro de Ouro (orgulloso xentílico dos procedentes de Burela, capital oficiosa da Mariña luguesa), Señor Mon ou, en definitiva, Sanín, que é nome avondo fermoso e suxerente, proceda ou non de Zenón, que a fin de contas iso ben pouco importa, non cres, bon amic? Que nos veñan falar a nós os dous de etimoloxias!
Ao igual que o compañeiro Breo fai coa sua benquerida cidade de Ponte Vedra, seguramente o Señor Mon terá a ben de nos contar nese seu Caderno do Correo Vello os acontecimentos, avatares e fenómenos en xeral (normais, paranormais, ordinários, extraordinários e extrafinos) que vaian acaecendo por Burela e A Mariña toda, ou, falando en confianza (e con propriedade, mesmo), en Burellum e a sua comarca.
Pois xa que logo, e como din os amigos irlandeses, cead mile failte Pataqueiro! E a dar tralla até o mencer!

3 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Nesta pasada semana santa, máis concretamento o venres santo estiven polas terras do Subcomandante Xallas, pasei por diante do Ézaro unha vez máis (xa perdian a conta) o voltei a ve-lo esperpento ese en forma de tuberias polo monte abaixo, unha vergoña nacional como ben dis Ulmo,ata cando seguirán esnaquizando e atentando contra o noso patrimonio...?

Unha aperta para ti e tódolos teus compañeiros do blogomillo, apertas dende Pontevedra.

Saúde e terra !!

sábado, abril 05, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

Ola a tod@s!!!
Antes de nada, Ulmo, obri por todas esas palabras tan fermosas coma inmerecidas, mais sei que manan desta bonita amizade (e máis de que algún día necesitarás algo dos de ciencias, que senón non me explico, hehehe). Levaba ben tempo sen sachar uns e ceros e así era que non sabía desta incrible nova... Á fin nos atopamos o trídem na rede... Faltaba unha voz autorizada, unha voz de noite e cultura do Cantábrico "máis coñecido coma o mar de Burela" e velaquí está... Pois a gozar da súa presenza, logo.
En canto á etimoloxía da palabra... Senín seníae, da primeira de toda a vida, hehehe.

Apertas!

segunda-feira, abril 07, 2008

 
Blogger ghuilianxallas disse...

Eu ben sei que para unha polbada de antoloxía ao máis puro estilo Cunqueiro como vai ser, se non hai ningún acontecemento fatal ata daquela, a do domingo fai falta prepararse, hom, pero ben podías actualizar entre que vas mercar Almax (pá barrija, como dicía Corvachov) e lle prendes lume ao caldeiro de cobre...

Unha aperta!

terça-feira, abril 15, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial