Apalpando as palavras do salmom

01 dezembro 2006

"... por te ver, meu santiño, tres dias hai que non durmo"

Foi mágoa que os homes da Xerazón Nós centralizasen tanto os caracteres espirituais da embrionária nazón galega na cidade de Santiago de Compostela. Evidentemente, Compostela é un símbolo poderosísimo e nitidamente galego a todos os níveis, e eles souberon ve-lo à perfeizón, sobretodo Otero Pedrayo en xóias como Devalar ou Arredor de si. Máis ainda: o carácter sagrado do lugar está testemuñado desde época remotísima, pois ainda hoxe toda a contorna da cidade aparece inzada de lugares e rituais máxicos (o Pico Sagro, sen ir máis lonxe, ese noso Cruagh Patrick particular, morada da raiña Lupa) e son numerosas as lendas que situan neste lugar o cabo do mundo e a porta do Inferno.

Orabén, foi mágoa que os homes da Xerazón Nós non mirasen cara ao San André de Teixido...

O outro dia escuitei-lle ao antropólogo Manuel Mandianes que o verdadeiro patrón dos galegos, o auténtico representante e continuador da relixiosidade indíxena e irredutível, deveria ser o San André. É unha verdade en que acredito firmemente. Para os galegos (non asi para os portugueses, por exemplo) non existe obriga espiritual de peregrinar a Compostela, mais si a temos de ir aos confins da Serra da Capelada a render-lle culto a esa espécie de Manannan, de deus da morte, que non outra cousa é o San André. Muitísimas conotazóns, muitísimos afluentes veñen à cabeza e à língua cando penso en San André e a sua romaxe do 30 de Novembro... Penso nos bretóns e na sua espectacular tromenie a San Ronan de Locronan, tan obrigatória como a dos galegos a San André, ainda que celebrada cada 6 anos e no mes de Xullo (comezos do Lug Nasad). Penso naquelas palavras que dizia Donn, o deus irlandés dos mortos cuxa morada (a Tech Duinn) se encontrava nunha illa alén mar: 'A miña casa virán todos de mortos... Non é case unha cópia de provérbios galegos como Quen non vai de vivo ao San Andrés, vai de morto tres e similares? Penso na Via Láctea ou Cadea de Lug que finda enriba da igrexa de San André, marcando a ruta cara às moradas últimas. Penso, en fin, nesa sempiterna conxunzón de morte e fecundidade nos limites do mundo, na erva de namorar que todos levamos na faltriqueira, nos senandreses de pan pintado e estética grotesca, nos milladoiros, na mazá de imortalidade da que saíu San André, ou na barca de pedra na que, segundo outros, chegou a estas paraxes cando o tempo dos vivos ainda se espreguizava...

Mais penso sobretodo naquela viaxe de hai algo máis de dous anos, rematando Setembro, cando me reencontrei co latexo do extremo e dos devanceiros depois dunha longa peregrinaxe polo deserto... Daquela viaxe ficaron muitísimas fotografias e algun poema. Por hoxe somente me atrevo coas primeiras. Que gostedes!








5 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

Non podo senón, coma sempre, estar de acordo contigo, mais, como saberás, hai un lugar onde non temos, en principio, a obriga moral de peregrinar a Teixido, xa que nós xa temos Santo André propio, por máis que as lendas e cantigas locais conten que non é o mesmo, senón un irmán.Un momento!logo nós o que temos e a tumba de San Pedro! Mima, non me dera conta! Que se preparen as Terras Santas todas,que por menos indicios ca estes suponse que en Compostela está Sant-iago, así que...

segunda-feira, dezembro 04, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Estuve hace un par de semanas allí, y me pareció uno de los lugares más mágicos donde he estado, incluido el todavía aspecto campestre, rural y pequeño que presenta...no masificado por el turismo, lo que si ha pasado con Finisterre, centro de interpretación etc...

Me gustaría consultarte una cosa...hay dentro de la iglesia de San Andrés una losa en la pared con una talla de una animal...¿qué es esa losa?..¿lo sabes?

quinta-feira, agosto 02, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Ainda resisten (esperemos que por muito tempo) pequenos recunchos na Galiza que escapan à masificazón e manteñen ese selvaxismo primixénio. Senandré é un; mais tamén Trava, ou os montes da Barbanza, e muitos outros.
Non me dou conta, Aguarna, desa lousa da que me falas. Si lembro que na parede da esquerda (segundo entras na igrexa) havia unha lousa co escudo dos Andrade, casa señorial que dominou estas terras do Norte durante séculos. Mais do animal... Consultarei vellas fotografias, a ver que atopo.
Grazas polos teus comentários, tan valiosos e pontuais como decote.

sexta-feira, agosto 03, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Tengo fotos..¿como te las mando?

sexta-feira, agosto 03, 2007

 
Anonymous Anónimo disse...

Podes-mas mandar ao meu correo electrónico: an_fianna@yahoo.es
Espero-as impaciente!

terça-feira, agosto 07, 2007

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial